FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de novembro de 2010

MUROS 8 - MALPICA 2


























Desprazamento a Muros, o primeiro desde que estamos na liga de veteranos. E como despois xogaba a SCD Malpica en Esteiro, fomos varios (e algúns coa familia) os que aproveitamos para quedar a comer no pobo. Xa é de valor que nos achegásemos dezasete xogadores, creo que iso non se estila moito nesta liga. Prácticamente a totalidade da plantilla que pode xogar polo momento. Como novidade podemos decir que estreamos a segunda indumentaria: camiseta roxiblanca, pantalón e medias blancas.

O Muros estaba hasta este partido por debaixo na clasificación. Claro que, despois de ver qué reforzos está acoplando, subirá de seguro posicións. Xogadores como Piti, que ainda xogou este ano contra a SCD en Malpica e sobretodo o nº 3, David Seijas, son un luxo para esta segunda división. Teñen ainda bastante debilidade atrás pero, xa se sabe, si marcas mais goles que che meten, xa podes recibir moitos goles en contra que gañas igual.

O que sobraba neste partido (e nesta liga) foi o árbitro, Antonio Rama. E non é rabia que lle teñamos porque, antes de empezar a xogar, sempre que estamos con él nunca houbo problemas. Pero dentro do campo transformase e hai xogadores nosos que non poden estar ao mesmo tempo que él (Lancha, sin ir mais lonxe). E o que tiña que pasar pasou : en un partido dónde apenas houbo patadas nin entradas violentas nin enfrentamentos graves chegamos ao descanso con dous expulsados (según acta: Tino primeira por protestar e segunda por decirlle "soio ves os cartos" cando marchaba cara os vestiarios - Lancha, ambas por protestar, ainda que non escribe que Lancha protestáballe ós muradáns hasta que o trencilla foi a xunto sua e empezoulle a discutir). Para acabar de redondear a sua xornada nin siquiera rellenou na acta os goles marcados polo noso equipo ainda que sí marcou con unha cruz os goleadores.

En xogo marcaron primeiro os nosos rivais. A banda dereita era por donde eles entraban moi ben co seu nº 3. Nós empatamos nunha xogada de sorte na cual Luis pelexou diante da portería e tivo a sorte de que o balón despexado polo porteiro pegara na sua espalda e entrara. E pudemos adiantarnos na mellor xogada nosa do partido na cual Mutio templou esplendidamente un paso en largo a costas da defensa e cando saiu o porteiro elevou demasiado o balón para mandalo fora. A partir de ahí eles marcaron dous goles mais para deixar o marcador en 3-1.

Da segunda parte suporiase que non teríamos nada que facer estando nove sobre o campo. Pero xa as primeiras de cambio Alberto manda un misil desde o mediocampo que, despois de tocalo o porteiro, vai ao longueiro da portería e volta ao campo. E de seguido Mutio marca o 3-2. Parecía que renacíamos pero un erro infantil en defensa dalles o balón para marcar o 4-2. E a partires de ahí baixamos moito e foi o momento das escapadas de David pola banda machacando unha e outra vez a nosa defensa. Nada que decir. Ajo... e agua... Enhoraboa ao Muros pola sua victoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario