Algún xogador dixo que non podía asistir ao partido porque dende había uns días sentía unha presión no peito e non tiña máis que sofocóns; pero en vista da foto do noso investigador privado, sacada nunha praia de Malta, exclusiva para homes, ¡dase por xustificada a súa ausencia!
Outros aproveitaron o domingo para cumprir os seus soños e asistir a un Spa e de paso aprender a nadar, - "podía elixir un salvavidas máis discreto, pero dase tamén por xustificado". Quero denunciar ante a opinión pública (sospeito de aqueles xogadores que participan coa súa imaxe neste blog), o trato recibido por dúas secuaces a soldo, que atentaron de xeito violento contra a miña persoa, donde fixeron de min un pandeiro e fun sometido a todo tipo de vexacións e maltrato de xénero....
Ningún comentario:
Publicar un comentario