¡Qué desastre! O único que cundiu de toda a mañá foi que, dos catorce que nos presentamos a xogar (hai un lote de lesionados) once fomos xuntos a toma-los viños despois do partido. Porque do partido que xogamos mellor non falar. A organización e colocación que mostramos nos dous anteriores, Porteño e Corme, non apareceu por lado algún. Cada quen a facer a guerra pola sua conta. Sin dianteiros xa que os temos lesionados e nin o Guaje nin Añón puderon vir. E o peor é que acabamos berrando os uns cos outros e olvidándonos de xogar. Con un mínimo de gañas e uns dianteiros rápidos o Corcoesto meteu seis, dous na primeira mitade e catro na segunda. Tivemos porteiro ainda que o árbitro pudo expulsalo prácticamente nos primeiros compases do partido si lle puxera roxa en lugar de amarela por toca-lo balón coa man fora da área. Para acabar de redondea-la xogada non dou a lei da ventaxa e anulou o gol deles. Porque si algo houbo que achacar a Alfonso foi que non sabe o que é a lei da ventaxa nin que hai que pitar falta cando se perde a ventaxa por deixar seguir a ver qué pasa. No resto pasou desapercibido, salvo varios fora de xogo que non quixo pitar.
AVISO
As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.
domingo, 12 de decembro de 2010
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario