FOTO DE EQUIPO 2024-2025

FOTO DE EQUIPO 2024-2025
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 14 de decembro de 2010

MENSAXE DE NADAL DE D. ALBERTO VARELA AMADO ÓS VETERANOS DE MALPICA


ESTIMADOS COMPAÑEIROS da Asociación de Veteranos de jerra do Malpica :

Un ano mais, o próximo domingo, tralo baño que lle imos dar o Coristanco pa resarcirnos da verjonza que demos o Domingo pasado (qué paciencia tes, Martuxa), celebraremos o xa tradicional brindis navideño, con cava do bo (non a merda que anuncia Sh...), no restaurante O Esqueiro, con pinchos abundantes a pajar a escote (o cava non).
Están convocados OBLIGATORIAMENTE todos aqueles que teñen ficha en vigor mais Ramón Angel (que xa a terá). Eso incluie a lesionados, desaparecidos, protestóns como Lancha ou boa xenta coma mín. Ademais voulle propoñer ó noso Excmo. Presidente (a sus pies, Sr. Presidente) a aprobación dunha cuota extra de 10 € pa todo aquel que non veña, a jastar o día da cea do club en cubalibres polos compañeiros. Así que xa sabedes, que non falte nin dios.

E añado eu que a presentación en sociedad das botellas celebrouse fai duas semanas. Cómo se pode ver na foto, o noso insigne camarada D. Celestino Garrido Otero, amosou a marca que regará dito encontro, altruista obsequio do noso caritativo convocante. E que óxala sexa preludio de que nos toque o próximo día 22 a lotería do nadal, dos que apenas quedan décimos e que este ano xogamos ó número que aparece debaixo. Tamén hai que destacar que si toca ese número XA SE DECIDIU en asamblea que parte do premio se destine a festas e jolgorios varios dos xogadores do equipo, viaxes incluidos.

1 comentario:

  1. ¡O bote de fairy o levo eu! - Aparte do baño hai que quitar algunha "jrasa" incrustada.
    ¡Eso sí, levade unha boa toalla para secarnos:¡Por si acaso...!

    ResponderEliminar