Estas imaxenes non dan idea da lurda de auga que caiu cando acabou o partido. E non da idea tampouco dos pouquiños que fomos esta vez a xogar. Sólo un cambio (Fernando fixo de entrenador e Dourado de presidente), despois dous porque Tino apiadouse de nós ó ser pouquiños, tendo enfrente un equipo xoven e con varios cambios. Tamén hai que decir que usamos a camiseta roxiblanca por coincidencia de colores co Coristanco.
Empezamos o partido bastante adormilados. Duas contras bastante rápidas levadas polo equipo rival fixéronnos bastante dano e dous goles. A primeira ocasión nosa foi no saque de centro despois do segundo gol cando Mutio tirou directamente salvando o seu porteiro. E conseguimos marcar nun bo ataque de Antonio. Un novo gol do Coristanto fixo o 1-3 con que chegamos ó descanso ainda que tivemos outra boa ocasión noutro tiro lonxano que o porteiro despexou in extremis.
A segunda mitade con vento a favor non fomos capaces de marcar. Eso sí, o xogo estivo bastante repartido. Solamente nos minutos finales acabamos afogados e eles meteron dous goles con que redondearon a goleada con un triplete de Antonio Blanco. Houbo que lamentar a lesión fortuita do seu nº 6, Carlos Sabucedo.
Cómo anécdota fora do partido hai que decir que un avión que viña da parte de Coruña sobrevolou o campo virando enriba do mesmo para voltar por dónde veu. Creo que viña a conto pola promocíón de "A Coruña gústame" pero chamou a atención.
E de Esteban nada que decir. Puxemosllo fácil e tampouco quixo complicarse. Algunha falta, algún fora de xogo,... pero, en definitiva, pasou desapercibido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario