Ó remate do encontro reunión por todo o alto da plantilla para brindar. Cava da marca Codorniu xentilmente donada polo noso camarada Alberto. Asistencia dos lesionados Castriño, Esmorís, José Regueira e Suso. Non puderon acudir os que están fora (Carlos e Guillermo) mais algún enfermo (o noso adestrador). Os ausentes: Añón (que supoño que non se perdería no camiño), Walter (que andaría liado) e sobretodo, Lancha, que as malas linguas dixeron que estaba de resaca (despois da cena de empresa). Tampouco pudo vir Ramón Angel, ó cual esperabamos pero faciaselle difícil chegar a tempo.
E o último brindis é dos asistentes para felicitar a todos por unhas boas festas e un bo ano 2011. E QUE ESTEMOS TODOS DANDO A LATA UN ANO MAIS. Ou dous. Polo menos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario