Non foi mala a mañán de hoxe para xogar un partido de fútbol. Ao caer unhas gotas de chuvia pola mañán o tempo tornou mais apacible, sobretodo despois das xélidas temperaturas pasadas en días anteriores.
O encontro tivo o seu episodio mais bochornoso pola miña parte e do cual non terminarei nunca de pedir disculpas a rivais e compañeiros. Pero vaiamos primeiro ao que foi o partido.
Empezamos bastante ben. Eles estaban sólo dez sobre do campo e con porteiro de circunstancias (ou eso creo). Sólo foron tres ou catro minutos porque enseguida incorporaron un par de xogadores mais que daban equilibrio a sua escuadra. As primeiras ocasións foron nosas : A Galerna escapou un par de veces sólo cara a portería pero o árbitro, Julio, parouno con foras de xogo (creemos que o primeiro non foi e o segundo sí). A partires de ahí o Dp. Carballo fíxose co partido. Con un centro do campo estable dónde quen mais aparecía era Marcos Rey, ben secundado por José Antelo, surtía de balóns a unha dianteira incisiva con Manuel e Juan arriba. E nunha diagonal que fixeron Manuel aparecía nunha asistencia ao hueco e definiu ben diante de Nacho, que non pudo facer nada. Tiña o equipo rival moita forza e chega a xogada polémica do partido. Marcos recolle un balón no borde da área, mete o pase ao hueco para Juan que desfai ben o fora de xogo e, cando quere definir con un tiro, aparece Suso, métese diante do balón e Juan dalle a patada a Suso e cae, pitando Julio penalty (dixo que Suso había metido o codo para frenalo). Eso foi o que eu vín e estaba a catro metros. A miña esquerda estaba Manuel e coincidía ca miña opinión. Tirou o penalty Marcos e o seu tiro saliu fora.
Cando abandonabamos o campo púxenme a comentar a xogada con Ramón, decindo que non foi penalty en absoluto. Juan, que saia nese momento, dírixese a mín e contéstame, en xesto bastante desconsiderado (polo menos para mín, que iba quente): non foi penalty, non foi penalty, ¿cómo que non foi penalty? e derivou nunha discusión dónde perdín os papeles e empecei a berrar como un descosido e ningún dos rivais, amigos, e do meu equipo podía aturarme. Todo quedou en nada ao voltar a segunda mitade porque ofrecémonos mutuamente disculpas e díxemos en frío o que antes distorsionamos en quente : que para él había sido penalty e para mín non.
E a partires de ahí acabou o partido para o Dp. Carballo. Porque as forzas xa non eran as mismas. Habían tido cea o día antes e o fuelle non daba para mais. Si houbésemos metido os goles das ocasións que a partires de ahí tivemos acabaríamos o partido con unha goleada, con ocasións fallidas dos nosos dianteiros. O gol do empate veu de unha xogada brillante de Fran, que ante o acoso da defensa, dalle un pase de tacón ao hueco a Ramón, que definiu con autoridade. O segundo marcouno ¡¡¡Chucho Canido!!!, que xa antes o había tentado e cabeceara fora (e todas esas ansias foron porque Lancha díxolle que si metía gol poñeríase a bailar con el o "Ai si eu che pego", cousa que finalmente non cumpriu). Nesta ocasión meteu o pe e desviou suficientemente o balón para despistar ao porteiro. E o terceiro marcouno A Galerna en clarísimo fora de xogo que o árbitro non quixo ver.
Sinceramente, non nos gusta Julio arbitrando. Temos que deixar aos árbitros en paz. Pero eles teñen que seguir o xogo mais de cerca para non equivocarse no que pitan. E Julio equivócase moito. Sobretodo nos foras de xogo. Cando os dianteiros salen en carreira e toda unha lotería. A veces pitaos e a veces non, e son xogadas que hai que seguir mais de cerca, por moito que non teña linieres. Tamén pita sempre cando o xogador se queixa con un ¡eh!, ¡ay!, ¡ah! e non toda-las veces é falta por moito que o xogador se queixe. Pero eso tamén suele suceder bastante na Liga da Costa e os árbitros cobran bastante mais.
O de pitar de oído ou según quen máis proteste é unha práctica xeneralizada, e alimentamola os propios xogadores. Respecto ós calentóns, o caso e que ó final e en frío todo se amañe, seino por experiencia propia.
ResponderEliminarsí, home, que o calentón non durou mais de un par de minutos e arreglouse rápidamente falándoo.faltaría mais. pero sempre queda un sentimento de culpa porque pudo haberse evitado todo.e mais que queres que che diga, o Dp. Carballo sempre é ben recibido en Malpica. nunca foi un equipo conflictivo. varios dos seus xogadores son amigos. e ainda botamos de menos a Camilo nas suas filas, que se lle vai a facer.
ResponderEliminarGuasi, dí a verdade! POrque non lle dis que xogas cunha navalla para cando che da un subidón de tetosterona. Non é por facer dano! non, é para que te respeten e sepan quen manexa o cotarro no campo de fútbol.....
ResponderEliminartí sempre recordándome que a navalla que teño é de Badaxoz, non de Albacete. e ¡total! por dez centímetros de nada a maiores. parecerabos que levar o pantalón a altura dos sobacos non da certas ventaxas.
ResponderEliminar