FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 12 de febreiro de 2012

PORTEÑO 2 - MALPICA 2

Día frío en Camariñas para a práctica do fútbol. Non se podía parar un quieto porque, ainda que lucía o sol, conxélabase enseguida. Poucos efectivos xuntamos (seguramente debido a distancia e a hora a que se xogou, dado que rompía bastante o disfrutar do resto do día) e algunhas ausencias notábanse demasiado no noso xogo, destacando a de Mutio, que dalle bastante coherencia ao xogo do equipo no mediocampo. Eles teñen unha boa defensa (con Gerpe e Rosquilleiro no eixo), un equipo moi xoven para esta categoría e son un duro rival, sobretodo si non teñen ausencias, como hoxe.











Dou primeiro o Malpica. Na primeira ocasión boa que tivemos Alberto lanza un potente disparo desde tres cuartos do campo, o balón é repelido polo longueiro e o único do noso equipo que ten fé nestes rexeites, A Galerna, caza o balón e, sin deixalo caer, empalma ca zurda lonxe do alcance do porteiro. Un gran gol.
Pero por eso non se descompuxo o Porteño. Empezou a xogar ben o balón, con balóns mandados cara os interiores. E nós quedamos pronto sin Suso, que notou unha distensión muscular e parou por precaución, pasando Tino a acompañar a Chucho no centro da defensa. Puderon marcar eles antes do descanso si o balón non petara na base do poste, o cual faría total xustiza ao visto nesta primeira mitade.











Na segunda mitade remontou o equipo rival. Primeiro empatou por medio de Sergio Ferrín e, cando chegaba o partido ao final, Gerpe lanza maxistralmente unha falta pasando o balón por enriba da defensa e facendo inútil a estirada de Nacho. Xa nos víamos perdidos e atacábamos a desesperada cando na última xogada do partido Alberto lanza unha falta desde o lateral e o balón aberto entra limpamente sin que nin dianteiros nin defensas o tocaran. Tivemos sorte esta vez porque si o partido o perdéramos non houbésemos posto ningún pero.

Arbitrou Martín. Sabemos todos como arbitra e, ainda así, levamos unha tarxeta por protestar despois de unha obstrucción clara que non pitou, o que non tolera en absoluto. No resto pasou desapercibido, ainda que o Porteño reclamoulle varios fora de xogo pitados que, según o equipo rival, non o eran.


2 comentarios:

  1. Pois agora aproveitade a xornada de descanso, cargade de filloas e lacón, e dentro de quince días...¡¡o derby!!

    ResponderEliminar
  2. non, oh. que a nós non nos sabe nada de eso. pan e auga, moi ricos, moi ricos... e acabar cómo nos aconsellaron varios dos mellores nutrólogos : cervezas e callos, que teñen moito ferro. vémonos a semana que ven.

    ResponderEliminar