Dou primeiro o Malpica. Na primeira ocasión boa que tivemos Alberto lanza un potente disparo desde tres cuartos do campo, o balón é repelido polo longueiro e o único do noso equipo que ten fé nestes rexeites, A Galerna, caza o balón e, sin deixalo caer, empalma ca zurda lonxe do alcance do porteiro. Un gran gol.
Pero por eso non se descompuxo o Porteño. Empezou a xogar ben o balón, con balóns mandados cara os interiores. E nós quedamos pronto sin Suso, que notou unha distensión muscular e parou por precaución, pasando Tino a acompañar a Chucho no centro da defensa. Puderon marcar eles antes do descanso si o balón non petara na base do poste, o cual faría total xustiza ao visto nesta primeira mitade.
Na segunda mitade remontou o equipo rival. Primeiro empatou por medio de Sergio Ferrín e, cando chegaba o partido ao final, Gerpe lanza maxistralmente unha falta pasando o balón por enriba da defensa e facendo inútil a estirada de Nacho. Xa nos víamos perdidos e atacábamos a desesperada cando na última xogada do partido Alberto lanza unha falta desde o lateral e o balón aberto entra limpamente sin que nin dianteiros nin defensas o tocaran. Tivemos sorte esta vez porque si o partido o perdéramos non houbésemos posto ningún pero.
Arbitrou Martín. Sabemos todos como arbitra e, ainda así, levamos unha tarxeta por protestar despois de unha obstrucción clara que non pitou, o que non tolera en absoluto. No resto pasou desapercibido, ainda que o Porteño reclamoulle varios fora de xogo pitados que, según o equipo rival, non o eran.
Pois agora aproveitade a xornada de descanso, cargade de filloas e lacón, e dentro de quince días...¡¡o derby!!
ResponderEliminarnon, oh. que a nós non nos sabe nada de eso. pan e auga, moi ricos, moi ricos... e acabar cómo nos aconsellaron varios dos mellores nutrólogos : cervezas e callos, que teñen moito ferro. vémonos a semana que ven.
ResponderEliminar