Aquí aparecen as fotos das fichaxes desta nova temporada ca nosa camiseta. Non dera tempo o día do partido inaugural desta liga e tiveramos que recurrir a fotos de archivo. Mostramos tamén a continuación a foto do fillo de Suso, Alejandro, que xogou con nós este amigable e tamén o determinou con un gol no último minuto.
Digamos que o tempo non era o mellor para xogar en canto que caeu algunha auga ainda que non chegou a ser abundantemente como ocurriu nas outras horas do día. Eso fixo que o terreno de xogo estivese moi rápido. Hai que decir que o partido foi un amigable como tiña que ser, é decir, nin un mal xesto nin unha mala patada por calquera dos dous equipos.
A primeira parte foi tomada con calma por ambos equipos. Gustoume o equipo rival, xogan bastante ao toque e ten xente rápida cara a portería rival, sobretodo o nº 9, Casais, que no minuto 50 recolle un balón cerca da área grande, faille un quiebro de cintura a Suso e con un cambio de ritmo chega cerca da área de Nacho, a quen bate de un bo tiro : un gol moi bonito.
E a partires de ahí onde se mostrou a categoría dos dous porteiros do partido. Porque no min. 55 Manu Pardo lanza un misil e o porteiro do Poniente despexou brillante e apuradamente a córner. E pouco despois logra despexar tamén a corner un tiro cruzado de Alejandro.O gol do empate chegaría no min. 65 cando Manu Pardo, que xa o había tentado anteriormente sin logralo, colle un balón desde medio campo e lanza o balón bombeado por enrriba do porteiro : outro gol precioso.
A partires de ahí correspondeulle a Nacho mostrar a sua categoría. Porque o nº 14, Victor, recolle o balón no lado esquerdo do ataque e vai zafando de canto defensor malpicán lle sale ao paso, logrando chegar diante de Nacho que despexa o seu tiro cando xa se cantaba o gol. E pouco despois o nº 12, Eduardo, logra enganchar un tiro desde o lado esquerdo fora da área que levaba camiño da escuadra dereita si non fora porque Nacho fixo unha estirada desas que, cando salen en foto, encumbran aos porteiros e logrou desviar a corner.
O partido xa iba con empate (que podería ser xusto ainda que insuficiente en nº de goles) cando Alejandro, sobre a bocina, logrou chegar a un balón dentro da área e conectar un disparo inapelable que nos deixou o partido en franquicia. No último segundo porque Tino non deu tempo a sacar do centro do campo pitando o final.
Ningún comentario:
Publicar un comentario