FOTO DE EQUIPO 2025-2026

FOTO DE EQUIPO 2025-2026
Foto de J.M. Ferreiro (PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA)

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, segundo a información dun integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté de acordo coas mesmas. Ou que sI o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que si DESEXARÍAMOS é que, aÍnda que o poñan como "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

martes, 25 de setembro de 2012

BAÑO DE MASAS DAS NOVAS FICHAXES

Dia propicio para a presentación das novas fichaxes; o pasado domingo o campo de Pedra Queimada quedouse pequeno, nada máis saberse quenes eran as duas novas incorporacións, as reaccións no se fixeron esperar. A directiva "dou no clavo"; hai aluvións de solicitudes de carnets de socio, sobre todo pola parte das féminas. Alvedro e Labacolla estiveron sitiadas por milleiros de mulleres (a Guasi só o esperaban dos morenazos que quitaban o hipo - el saberá) esperando a chegada dos novos cracks do Malpica de veteranos.

 Esta foto tiven que retocala, para non descubrir as inclinacións sexuais do noso megacrack, ( non sei que me daba que salise con Mutombo e Jonhy Angaua) que por certo esta pasando por unha etapa de recuperación e esperamos volvelo a ver pronto vestido de azul e branco todos os domingos, ainda que sexa despois do fútbol .....

Ningún comentario:

Publicar un comentario