
Pasamos a transcribir a crónica do partido, feita por Alberto de Seaia. Como ninguén tivo a idea de sacar unha puñetera foto do partido poñemos unha foto do autor ao lado da sua dona na tienda que teñen en Sta. Catalina, Cotate sweet & catering, en donde podedes pedir todo tipo de dulces para facer unha festa con nenos e grandes (porque a fama levana os menores pero o mundo está cheo de GRANDES larpeiros).
Partido xogado contra o Agualada. Un equipo renovado, con xente xoven e que apunta mellor que a temporada pasada. A maior diferencia no campo foi que fisicamente nós estamos mellor despois de xogar tres partidos consecutivos. De todos modos no vran sempre nos costa xuntar xente. Fino de vacacións, Mutio traballando, Walter e Manu facendo de anfitrións as bandas de gaitas, Suso lesionado, Luis non pode os sábados, o renqueante desaparecido... Eso fixo que nos presentásemos con sólo 13 efectivos no campo mentes que o Agualada apareceu con 16 ou 17.
Xogamos moi ben a primeira parte, movemos o balón a un toque e duas das incorporacións de este ano, Marcelino e Fran da Illa, fixeron un gran traballo no centro do campo. Eles defendéronse moi ben, a defensa parece a liña mais reforzada, pero non chegaron a facernos demasiado peligro salvo en algún balón largo. Chegando ao final da primeira mitade un córner moi ben sacado por Fran rematouno impecablemente Marcelino, facendo o único gol do partido. Parece que por fin esta temporada temos un home para aproveitar os saques de esquina. Antes tivéramos varias ocasións claras, sobretodo un tiro de Alberto de Barizo e a mais clara, unha que a falla Abel estando sólo e que, ainda por riba, quitándolla a Marcelino que xa estaba detrás listo para empuxala.
Un dos problemas de ir trece é a dificultade de acabar todos. Na primeira mitade lesionouse Matías sobre o minuto 20. E na segunda parte lesionaronse Nacho (no min. 55) e Fran nunha entrada ao pé de apoio (a pouco de rematar). Eso unido a que tivo que marchar Marcelino fixo que acabáramos o partido con 9 homes.
Nesta segunda mitade o cansancio foi determinante, eles xa se vían demasiado cansados e nós ibamos perdendo forzas e xogadores o mesmo ritmo. O mister reaccionou e adiantou a Alex de central a medio centro, eso axudou moito a defendernos cando xa estábamos con dez homes. E Alex tivo unha das mellores oportunidades cando lanzou un caldeirazo impresionante desde fora da area, o balón iba directo a escuadra pero o porteiro chegou a rozar o balón o xusto para desvialo ao pao. Si entra era o gol da pretemporada. A partires de ahí non houbo grandes ocasións e o perigro no noso ataque o levaban Fran (hasta a sua lesión) e Richard. Os dous demostraron entenderse a perfección, con regates e paredes de moita categoría. Os demais defendíamos os escasos ataques do Agualada con tres defensas (Chucho, Tono e Alberto de Seaia) mais Alberto de Barizo xogando de falso lateral.
O final moitas lesións para un amistoso. Hay que decir que, ainda que algún dos rivais aplicouse a fondo (si cadra algunha vez demasiado a fondo para ser un amistoso) temos que ser xustos e decir que foron lances do fútbol e todo quedou en eso.
"Fin de la cita"
Ningún comentario:
Publicar un comentario