FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

sábado, 10 de agosto de 2013

TROFEO DA OLERÍA DE VETERANOS : VETERANOS DE BUÑO (LIGA CORUÑA) 0 - VETERANOS MALPICA 3



Boa tarde para xogar ao fútbol. Non fixo a calor dos últimos días ou polo menos non se notou no campo. A única pega que poñemos ao partido é a da hora de presentación dos nosos xogadores. Xogábamos as sete e media da tarde e a esa hora eramos once xustos os que nos presentamos. Imos a ter que cambiar a partir de agora ese chip (ainda que se diga que era un partido amigable) porque non podemos estar con esa incertidume hasta última hora.

 Ao final presentámonos dezaseis disponibles. Faltaron Luis Naya, José Regueira, Tono Alfeirán, Fran da Illa, Carlos e Matías porque non podían vir por cuestións laborais e personales. E Walter, Tino e Lancha (que sí que estivo pero vendo desde o banquillo) porque ainda non se recuperaron como é debido .

 Ten moi boa pinta o equipo deste ano. Sinceramente, xa o ano pasado en Laxe disfrutamos dun centro do campo que combinaba o balón. E ver en acción a Alberto de Barizo, Mutio, Marcelino, Alex ou Manu Pardo, con Fran, Richard e Ramón Angel saindo como centellas cara a portería contraria era un luxo. Os goles que se meteron foron balóns buscados, pelexados e que sempre tiñan a intención de facer dano. Aparte dos goles tivemos un par de ocasións moi claras de meter gol, sobretodo un tiro de Richard (repelido pola escuadra) que, si entra, sería un dos goles mais fermosos da historia dos Veteranos de Malpica.

 ¿ E o Buño ? Tanto falamos do noso equipo que olvidámonos dos rivais. Un equipo xoven que ten que entrenar para o seu acoplamento de cara ao seu debut na liga de Coruña. Ten tres ou catro xogadores moi bos, que saben qué facer co balón nos pés. Apretaron moitísimo antes do descanso
sobretodo nun cuarto de hora, con marcador 0-1,  no que non sabíamos nin como sacalos do noso campo.

Sinceramente, o marcador pudo ser moi diferente. O que pasa é que se encontraron con un inconmensurable Nacho na portería. Na primeira parte salvou un man a man e un tiro donde fixo unha estirada apoteósica. E na segunda mitade, aparte de dous man a man, fixo unha estirada a escuadra digna de Casillas mais unha parada a remate de cabeza de Prosineki que xa o Buño cantaba coma gol.

 Arbitrou Pepe Novo. Cos seus errores tamén tivo acertos. Expulsou a Manu Pardo porque o noso xogador protestou ostensiblemente as suas decisións e todo cansa. Nos foras de xogo cada equipo estivo en desacordo nun par de ocasións. E non quixo saber nada das xogadas dentro da área, tamén protestadas. Parecía que mais que un amigable era un partido de competición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario