¡Canto nos debe o mundo do cine ós veteranos!. Dende as películas en blanco e negro ata as de animación,
Outro éxito esquecido no cine español foi todo un éxito en América. Os estudios de Pedra Queimada Pictures lanzaron a primeira versión de Cereo´s Beauty, plaxiada posteriormente pola industria americana, pero perdeu todo o seu encanto cando trocaron ao protagonista.....Outro dos éxitos esquecidos na videoteca dos veteranos foi Escola de Rock (as malas linguas din que o famoso Chikilicuatre basouse na personaxe da película para ir a Eurovisión......)
¿Quen non se acorda de Charles Guaplin? Que facía rir a todo o mundo (máis o menos o que fai agora, pero en color)
Naquela época era un dos actores máis famosos e buscados (Interpol, FBI, Stassi, KGB...), a sua dedicación e compromiso levouno a un sinfín de interpretacións en diferentes papeis; un dos máis destacados foi o de Guasi Poppins
Mención especial ao actor secundario, mencionado a un Oscar honorífico por aguantar dunha peza as insinuacións da protagonista femenina de Guasi Poppins.
Pero si hai unha película que tocou a fibra sensible de moitas mulleres foi a de Thelma e Luis, sobre todo na escena de ducha de Luis cando lle caeu o bote de xel de cinco litros e tuvo que baixarse para recollelo dandolle a espalda á cámara, e todo elo nun primeiro plano ¡todo un decálogo de decencia e pudor!
Richard "Jere", protagonizou outro éxito do cine fantástico no papel do mago branco, na versión malpicana do " Señor dos Golillos". Aproveito esta ocasión para recomendarlle que elimine a "Saruman" e o feitizo que o persigue co gol (¡xa temos falado cos árbitros para que lle deixen tirar a porta 10 minutos antes que empecen os partidos, a ver si deste xeito chega aos cinco goles prometidos por temporada!)
Tamén temos actores que interpretaron o humor inglés. Ramóngomery Cliff no papel de Mr Bean. ¡un crack!
Dourado Stallone, protagonizou outra das primeiras películas rodadas nos nosos estudios cinematográficos en blanco e negro, como homenaxe a un dos seus actores favoritos Harold Lloyd. Agradecer ao concello de Malpica por deixar rodar no balcón do concello, e según palabras do famoso actor:
- alcalde non te preocupes que xa che devolverei o mástil unha vez que o cirujano o extirpe do meu glúteo esquerdo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario