FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de novembro de 2013

MALPICA 2 - PONIENTE 1

Bo partido o vivido hoxe en Pedra Queimada. O tempo era algo desapacible por momentos ainda que non chovía e o frío tampouco se notaba en demasía. Sí facía algo de vento que condicionou en parte o desenrolo do choque.
 Visitábanos o conxunto do Poniente. É unha maravilla ver que hasta o momento nos nosos partidos hai efectivos abondo tanto no noso equipo coma nos rivais. E vese unha renovación lóxica na idade dos integrantes dos distintos equipos que conforman a nosa liga.











Dous tempos bastantes diferenciados. Na primeira mitade o que fixo ben os deberes foi o Poniente. Comiunos o terreo, non deixaba maniobrar con comodidade aos nosos xogadores. Cada vez que Mutio, ou Marcelino, ou Alberto de Barizo, ou Richard, ou... collían un balón inmediatamente tiña enriba a un ou a varios rivales que o atosigaban e non o deixaban xogar.

Eles marcaron un golazo no min. 29 cando Eduardo saca unha falta e o balón marcha por enriba da barrera cara a escuadra, sin que Nacho poidese facer nada. Pero tiveron oportunidades claras para meter dous ou tres goles mais en balóns nos que os dianteiros apareceron sólos diante de Nacho e tiraban desviado ou paraba o noso guardameta.



 Pero sí era verdad que estaban xogando a favor de vento. E na segunda mitade o vento iba a favor noso. Mais as forzas físicas do Poniente xa non foron as mesmas, facendo que xa os nosos mediocampistas pudesen facer circular moito mellor o balón. Avisaba Manu Pardo con unha falta botada que saliu fora por pouco. E marcaba Richard no min. 59 recollendo un balón casi na esquina da área grande e cruzando o balón ante o que Jaime non pudo facer nada. Ese gol ainda nos espoleu mais. Pero tivemos un par de sustos por parte do Poniente. O primeiro foi unha falta que nos pitaron preto da área grande. O recordo do gol facía que temésemos a Eduardo no seu lanzamento. Esta vez non foi o mesmo resultado porque o balón saliu rebotado na barrera. Marcelino, que xa no descanso decía que vía moitas posibilidades de remontar, no min. 85 recolle un balón preto da área grande. Tiña posibilidades de tirar porque Richard levouse consigo a dous defensas. Non o pensou e lanzou un tiro axustado ao pao dereito que facía o definitivo 2-1. E ainda tivemos outra boa falta de Manu Pardo donde o balón saliu preto do pao.

 Pero ainda quedaría a mellor das ocasións do Poniente. Nacía de un balón sin perigro que recollía Manu Pardo no mediocampo. Tendo a Mutio sólo enfrente empeñouse en virar sobre sí mesmo para superar ao seu par pero éste non picou e levoulle o balón. Ainda así conseguimos recuperalo pero diante da presión dos dianteiros cedeuse a Nacho. E éste non se acordou para nada que era cesión e recolleuno ca man. Total, libre indirecto dentro da área grande no último minuto. Tivemos a sorte de que o balón estrellouse na barrera. E acabouse o partido para alivio noso. Pasámolas canutas para sacar este partido adiante.

 Bermúdez tivo luces e sombras. Chegou un momento que reclamou dos xogadores que cesaran nas suas reclamacións. Os xogadores queixáronse de certa prepotencia mostrada polo trencilla. Pero non tivo gran incidencia no resultado. O que sí é verdade é que estivo moito tempo no círculo central e claro, desde ahí, tivo posibles fallos en fora de xogo pitados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario