FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 20 de xaneiro de 2014

A VIDA DOS VETERANOS

Non só somos deportistas de élite cunha fe inquebrantable no xogo colectivo do equipo, senón que temos unha vida familiar intensa e sen desperdicio. A vida cotián de calquer veteràn non ten desperdicio. ¡Quen lle dera algún francotirador ter a puntería dalgún dos nosos!
 Agora que o entrenador está no punto de mira de milleiros de xiareiros, temos que decir ao seu favor que non tivo unha infancia fácil....
 Outros aínda non superaron etapas infantís e dan renda solta ás suas necesidades en calquer momento e lugar
 A quen non enternecen estas imaxes de felicidade e abundancia.....
 O estas outras de vicio desenfrenado
 Ou esta outra, de sumisión total e absoluta
 Para todas aquelas que sempre dubidaron do estado de forma dos veteranos aquí vos deixamos unha clara demostración dos nosos abdominais, ¡parecen tabletas de chocolate do "jordo" para fundir no leite!
 Quén non se lembra das longas tertulias cos vellos?
 Ou da antigas fotos de familia
 Ou da típica foto da mili
 Ou daquela primeira moto con sidecar caseiro para levar ós amigos
 E daquel intercambio escolar Erasmus

Ningún comentario:

Publicar un comentario