FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 26 de xaneiro de 2014

RECORDOS DE TODA UNHA VIDA

 Unha das primeiras bodas concertadas que se celebraron en Malpica foi a do noso mellor (e único) xiareiro; sua dona Ramón ou Ramona, asidua consumidora de tetosterona non paraba de chorar durante toda a ceremonia, eso sí chorou menos co noivo, e se os datos non me enganan aínda segue chorando despois de cinco anos de matrimonio..... (el). 
 Poucos días despois a / o irmán xemelgo / a, cazou, e nunca mellor dito, a o noso peluqueiro oficial e corredor incansable da banda. Dende que saliu da igrexa non volveu pola casa, e vai para sete anos...
 Quen se casou polo civil foi Abel, xa que é un home sinxelo que non gusta de alardear de gastos innecesarios e triviais....
 O que non reparou en gastos foi o secretario do equipo, matáronse sete porcos e catro cuchos no convite e eso que só había tres invitados, e un deles era vexetariano: a noiva dou boa conta da comida ¡ leva muller dabondo, sí señor!
 Tamén houbo quen non quería casar pero o apellido da noiva: "Corleone" pesou moito na decisión final....
 Quen foi casar lonxe foi o noso porteiro; a súa dona ofrece vinte euros e duas cabras a quen sepa algo do paradoiro do seu marido, desaparecido en circunstancias estranas durante o banquete, deso hai quince anos: ¡temos que consumar o matrimonio! - berraba a susodita.
 Hai quen casou polo rito Zulú, e non lle van mal as cousas....
 A vida é dura e moitas veces golpea donde máis nos importa, hai quen usa medicamentos pero os veteranos somos fieis seguidores da medicina tradicional e de remedios caseiros......


Ningún comentario:

Publicar un comentario