Durante o descanso do desfile dunha sonada marca de lencería "Guomans Sicret"(donde se usaron como modelos, as mulleres máis agraciadas dos veteranos), saltou a lebre: hai malestar entre os xiareiros dos veteranos do Malpica.
-¡De que carallo van estos condenados! - espetáballe unha das mulleres á prensa.........

A compañía BMW prometera a comezos de campaña que ía a regalar a cada xogador un vehículo axeitado e adaptado ás características do veteranos, pero despois de ver os resultados obtidos, decantouse por un monopraza para todos no que se ve reflexada claramente as cualidades físicas e psíquicas dos veteranos.....
Nin coa axuda divina nin terrenal, nos acompaña a sorte....
O "mister" non quere saber nada de nos, e xa hai varios dias que non sabemos nada del; se alguén ten algunha información sobre o seu paradoiro non dubidedes en informar á directiva, ouo polo menos a Garda Civil xa que está en busca e captura pola súa responsabilidade no xogo dos veteranos.......
A súa muller da 20 € para que non volva.......
Saíndo un pouco do tema, onte pensei que estaba enfermo, cando quixen ler a crónica do partido dos veteranos realizada polo incombustible "Guasi", atopeime que era incapaz de ler as letras, supusen que cando a publicou non se decatara do tamaño da letra (agora xa está correxido); ou foi intencionado para presumir da nova adquisición de gafas: ¡tocaronlle dentro do paquete de Corn Flakes........! ¡Jalupín!
Ningún comentario:
Publicar un comentario