Empezaremos por decir que tanto o tempo coma o campo podían calificarse de malos. A piques estaba o partido de ser suspendido, xa que o noso campo atopábase excesivamente castigado pola auga caída neste día. Por primeira vez nesta tempada os dous equipos refuxíamonos na grada porque os banquillos non valían de nada.
A frase do principio corresponde ao partido de ida. Aparte deso déronse moitas coincidencias con ese partido. O primeiro é que volvemos a repetir resultado. E xa é mérito noso que houbésemos marcado contra este equipo catro dos catorce goles que leva encaixados nesta liga.
Os mellores xogadores do equipo rival nesta primeira mitade foron o seu número 21 e máximo artillero, Roberto Sande, e o nº 20, Joaquín Moreira. O xogo do Milagrosa partía de unha máxima : Sande recollía o balón en mediocampo e lanzaba pases medidos cara a escapada de Joaquín. Éste no min. 10 marchou pola banda e viu desmarcado preto do punto de penalti a Miguel, que recolleu o balón e lanzou un tiro axustado ao pao esquerdo dónde Nacho non pudo chegar. E puderon meter o segundo si o árbitro non anulara unha escapada de Joaquín que pitou como fora de xogo cando non o era. No min. 25 empatamos nós nunha xogada bombeada sobre a área do Milagrosa que foi despexada cara a posición de Carlos, que lanzou un potente trallazo que foi desviado a duras penas por Jorge e o rechace chegou a Marcelino que marca.
No min. 34 vólvese a dar a xogada preferida dos nosos rivais. Sande recolleu un balón en tres cuartos de campo, ninguén o presionou e mandou unha perfecta asistencia a Joaquín que, diante da saida de Nacho, lanzou o balón pola dereita do noso porteiro sin que éste pudera facer nada. 1-2 ao descanso.
As fotos desta segunda parte foron feitas polo entrenador visitante. Empezamos moi ben este segundo período. No min. 48 Richard recolleu un pase a espaldas da defensa, ainda que creemos todos (menos o árbitro) que viña de posición de fora de xogo, chegou diante de Jorge e, cando éste saiu, cedeu a Fran o balón para que marcara.
A xogada de mala sorte tivémola sólo un par de minutos despois. Sergio entretívose un pouco despexando un balón, cando o fixo deu na espalda de un compañeiro e quedou morto ós pés de Sande, sólo diante de Nacho, que marcou. E o partido quedou casi decidido no min. 57 noutro balón que lle roubaron a Sergio, e Miguel (que fixo unha moi boa segunda mitade) recolleu o pase preto da área pequena, mandando unha vaselina sobre a saida de Nacho para facer o 2-4. A partires de ahí pudemos meternos no partido nunha escapada de Richard pero Jorge saliu ben e detivo o seu tiro. O 2-5 definitivo meteuno Sande no min. 85, tamén de vaselina, cando nós xa deramos o encontro por perdido e eles tiñan toda-las oportunidades do mundo.
Arbitrou Javi. Soamente vimos os dous equipos fallos na sua apreciación dos fora de xogo. Pitou como tal algúns que non o foron e non pitou outros que sí o foron, pero tampouco era fácil facer as cousas ben porque casi que todas eran xogadas ao borde de tal límite. Nas faltas acertaba bastante por moito que os xogadores se queixasen. O partido tampouco foi bronco. Aceptable a sua arbitraxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario