FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

sábado, 4 de xaneiro de 2014

BOS AUGURIOS PARA OS VETERANOS.

¡Non hai dúbida algunha, os deuses están da nosa parte! 
O famoso vidente (¡o xogador do Camariñas non!) Guasippel pronostica, ante diversos medios de comunicación e diante de miles de xiareiros dos veteranos do Malpica, que o 2014 será unha campaña colmada de éxitos gastronómicos; de fútbol non falou, cando se lle preguntou o que decían as cartas simplemente soltou unha frase enigmática: 
-"Fan abondo con vestirse"
 Lancha Jesús foi máis preciso nas suas conclusións:
-"É un milajro que medio equipo se manteña de pé"
Cando se dirixía hacia o seu camerino, soltou unha frase lapidaria:  - "Balóns a Lancha"

 O chamán Richard Cocotepel en troques non ve ben ao equipo e afirmou contundentemente que o problema do Malpica está na dianteira, e para elo propuso a inxesta dunha pócima do meijallo antes de cada partido, pócima que será suministrada pola bodega de Tano.
Pode ser certo porque á "Jalerna" parece que lle funciona.......
 Alberto Potter, é mais partidario de usar a vara "máxica":
-" Kajindios, nin meijallo nin farrapos de jaita, unhas boas vareadas é o que necesitan todos"
 A Bruxa Lola, tamén é partidaria de usar velas:
-" ¿Velas?, Cirios é o que lles vou a meter por donde eles saben, xa veredes como corren"
 E cambiando de asunto, segue a polémica pola estrana perda de partidos contra equipos do concello, as sospeitas seguen recaendo no mister, pero el afirma que ten a conciencia limpa, (e o peto cheo....)
Por se acaso os veteranos fixeron unha ofrenda aos deuses na procura de resultados favorables, pero acabaron todos intoxicados (seguramente pola carne en mal estado...)

2 comentarios:

  1. Prezados amigos.... gostaria de saber porque Veteranos de Malpica.... KKKKKK Não entendo muita coisa relacionado ao nome. Abraços

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Somos un equipo de fútbol da categoria de veteranos, e decir, xogadores de máis de 30 anos e temos algún xogador de case 60 anos; usamos este blog para divertirnos e reirnos un pouco xa que aparte de xogar xuntos, somos veciños e amigos de toda a vida e a vida, por desgracia é bastante corta.........

      Eliminar