FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 19 de xaneiro de 2014

ERBECEDO 1 - MALPICA 1





(Fotos cedidas polo equipo anfitrión)

Extracto da crónica feita por Alberto de Seaia obviando expresións que demostran o seu cabreo :

Partido xogado no campo de Cereo en moi malas condicións para o prantexamento dun partido de fútbol. Si queremos que esta liga sexa unha práctica deportiva divertida e axeitada a edade veterana (que non é liga de xuveniles, seniors nin de peñas) o Comité tería que tomar medidas e asegurar que os campos cumplan unhas mínimas condicións para que xogar ao fútbol non sexa arriesgado para o físico da maioría dos que ahí podamos estar. A proba de cómo estaba o campo é que houbo tres lesionados, duas roturas musculares e un por un choque debido ao lodazal. Temos claro todos que non desexamos volver a xogar nestas condicións. E queda todavía por xogar no campo da Piña.

Os rivais neste campo teñen o esquema moi claro. Deixarse de tocar o balón e florituras, darlle para diante e o que a colla tentar tirar desde donde esté. Por algo o seu campo foi un fortín hasta o momento. Nós, que en outras ocasións facemos o contrario do que debemos, esta vez fixemos un grandísimo partido todos, porque xa era difícil manterse de pé para canto mais tentar xogar algo ó fútbol.

Empezaron marcando eles moi cedo, xa no min. 2, cando un despexe de Nacho vai a pés de Sande que tira desde lonxe e fai o 1-0. E nós repostamos no min. 12, cando Mutio recolle un rechace da defensa a saida de un córner e tira cruzado desde o vértice da área grande.

A partires de ahí foron eles quenes mais ocasións tiveron, incluido un tiro ao pao. Ainda que nós tivemos un par de ocasións claras, Nacho deu un recital de paradas increibles polo que damos por bó o empate.

Arbitrou Gerardo. Non vamos a culpalo de nada. Ainda que, coma sempre, arbitra desde moi lonxe e ten erros bastante tiña con arbitrar desde a banda porque era o único sitio donde non te enterrabas hasta o nocello.

En honor aos que fomos poñemos a alineación : Nacho, Fino, Lancha, Chucho, Alberto de Seaia, Mutio, Fran da Illa, Fran, Luis, Abel, Carlos, Alex, Tino e Tono. Especial mérito para Abel, Chucho e Tino, tres homes de mais de 57 anos que están ahí toda a temporada para o que faga falla, a ver si collemos exemplo de compromiso e seriedade os mais novos. 


2 comentarios:

  1. jajaja. dame a risa cando leo a cronica do partido. parece ser k temos un equipo de xogadores k xogaron aun primer nivel e dai para arriba .
    Gustariame, comentar k cando se di que en veteranos ahi k xogar en campos para divertirse, tamen os xogadores non terian k enfadarse cos compañeiros e marchar do campo, non uha vez, ( tres, catro. etc..) , cando se critica os campos xa non se acordan en donde xogaron estes fenomenos, e criticar o rival xa me parece uha coña, xa k teñen mais puntos k nos e non xogaron todos os partidos na casa, E non se pode presumir de xogar o toke cando se botan todoos os balons fora do terreno de xogo, das lesiion non falemos xa k si foran xogar todos seguro k non se forzaba tanto e nos iria mellor a todos, lo dicho o que non quiera xogar a esto , que apunte a padel, tenis , badminton , futbol sala que ahi non se mollan e xogan en terreno seco, nin andar decindo o dia anterior de aplazar o partido sin ver o campo ( claro asi nos foi k a xente se borrou de repente ). e doime ter k facer este comentario. un saludo a todos

    ResponderEliminar
  2. Buenas a todos, ainda que xa hai unha semana que foi o conto eu ainda o vin oxe, e voume dar por aludido polo tema dos comentarios no grupo do wasap do dia anterior, xa que creo que eu fun o primeiro en dicir que non iva xogar chovendo asi.
    Creo que non se menosprecia o cereo en ningun momento dicindo que o campo era unha lameira, porque o que viu o partido ven viu que o campo non estaba en condicions pa xogar o futbol, ainda que como ti ben dis suso, creo que quen mais quen menos ta hasta o carallo de xogar en campos peores, (eu incluido) solo que hay unha pequena diferencia de antes a ahora, e he que antes seguramente (e falo por min) estabamos federados e o dia seguinte non habia que ir traballar porque aida estabamos na escola (sigo dicindo que falo por min) pero ahora resulta que tamos no 2014 e o que sobran son campos en millor estado pa xogar.
    Tamen entendo que se o outro equipo non quere ir a outro campo pois non pasa nada, aplazase o partido e listo, ou daselle por ganado a eles que tampouco pasa nada, ahora eu en campos asi non xogo mais.
    E se che parece que son moi fino por non querer xogar en campos asi ala ti, pero pareceme que nunha liga de veteranos en don de non se xoga nada o unico obxetivo e o de pasalo ben. E eu en campos asi non o paso ben, e creo que a malloria dos que fumos tampouco o pasou ben.
    E ti que vichelo partido sabes ben que que o campo non estaba pa xogar.

    ResponderEliminar