Hoxe fomos trece efectivos ainda que tivemos que esperar por un par deles uns vintacinco minutos. E que vamos a decir do partido, seguimos abonados por terceira vez consecutiva ao empate a douses. Comentaba con Manolito, o noso porteiro durante bastantes temporadas e agora no equipo de Nantón, cando ibamos co marcador de 1-2, que tanto se podía dar o resultado noso de sempre coma o deles (pois habían perdido nos dous partidos anteriores por tres goles a un) e tivemos ocasións claras para ésto último. De todas formas podemos decir que para o resultado final o Nantón prácticamente aproveitou as duas ocasións que tivo mentras que nós tivemos catro ou cinco ocasións clarísimas para gañar o partido. Creemos sinceramente que estamos xogando algo mellor que a temporada pasada.
Na primeira mitade tivemos unha oportunidade clarísima no min. 12 pero Marcelino, con todo a favor e situado na área pequena (entre o pao e o porteiro), tirou fora cando sólo tiña que darlle un golpiño ao balón. Mais catro minutos despois a sorte resarciuse co noso dianteiro nun balón tirado desde córner por Mutio, Manolito non consigue blocar o balón e Marcelino, moi oportuno, marca. Estábamos mandando no centro do campo e non tiñamos problemas en defensa, con un Alberto de Carballo imperial, cortando todo intento dos dianteiros. No único exceso de confianza que tivo, nun balón ao que pensaba chegar diante do número 6, Alonso (o mellor deles hoxe), éste toca o balón e sobrepásao, chegando diante de Chaves e cruzando ao fondo da rede (min. 26). Pudemos remontar xa neste tempo pero Castro pitaba coma fora de xogo todo intento de Bambam cando escapaba cara porta, incluso cando o noso dianteiro arrancou desde o noso campo e tiña ao central deles enfrente.
A segunda mitade estivemos mais preto de conseguir a victoria, estábamos mais enteiros que o Nantón e tivemos ocasións moi claras de Marcelino e Bambam para gañar claramente o partido. No min. 60 Bambam recibe na área deles e pasa a Alfredo, que marca de tiro colocado. O gol facía xustiza ao que se estaba vendo e pudemos aumentar a diferenza. Pero no min. 80 Muiño fai a xogada do partido, arranca desde o seu campo, sortea a cantos lle sairon ao paso e, desde a liña de fondo, fai o pase da morte cara o incombustible Paco que tira colocado e marca o 2-2 definitivo. E como parece que non somos capaces de alterar ese resultado, cando o partido estaba casi acabando, Bambam marcha sólo cara a portería pero un defensa foi capaz de chegar a estorbar algo, metendo o noso dianteiro a punteira no último suspiro e o balón saiu acariciando o traveseiro.
Castro estivo bastante ben. Ainda que fallou nalgúns fora de xogo (cousa que para un árbitro sin linieres faise bastante difícil) non andivo mal situado no campo. Sí que pitou ben nas faltas cometidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario