FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 11 de outubro de 2015

VETERANOS SP. SEAIA 1 - VETERANOS MALPICA 1

A chuvia amenazou pero finalmente deixounos en paz e pudemos disfrutar de unha boa mañán para a práctica do fútbol. Xogamos en Zas contra un dos novos na liga, o Sp. Seaia (non vai ter nada o nome co luar donde se xoga, pero así están organizadas as cousas). Un equipo que, hasta o de agora, levaba encaixados bastantes goles pero que, cas recentes altas de Jorge de Cerqueda (ex-Xuventude de Bergantiños) e Suso de Cereo  (baixa sensible no noso equipo esta tempada), arranxou o eixo da defensa e, casi con seguridade, tornaránlle moito as cousas.











A primeira mitade houbo alternativas no xogo. Ainda que eles, con Pablo Sousa (ex-Baio) na media, ao que deixamos bastante libre, lanzaban perigrosos contrataques, con balóns en longo cara a esquerda ao seu número 17, Angel Espasandín, que daba moito que facer. Así o fixeron no min. 12 e a asistencia do interior esquerda, perfecta para que Alberto de Carballo non poidese chegar, deixou sólo a Reborido que tirou a porta e, ainda que Chaves, casi desvía o balón ca rodilla, éste foi mansamente cara gol, sin que Alfredo pudese chegar para evitalo.

Nós pola nosa parte, tivemos a Arcay bastante activo pola dereita pero Suso e Jorge axudaban ao seu lateral cando era superado e, cando a pesares de eso, conseguía asistir ao centro nin Marcelino nin Bambam eran capaces de meter o pé para marcar. No centro nin dominaba un equipo nin dominaba o outro, xogo repartido.



















Todo eso cambiou na segunda parte. Adiantamos a línea da defensa ao centro do campo, desesperando a Espasandín, que vía como o árbitro pitáballe todas as escapadas como fora de xogo (incluso deulle un patadón ao balón nunha delas e levou amarela). E para nós empezaron a sucederse as ocasións de gol. No min. 55 Leo desde a esquerda fai un regate cara o medio sendo derribado claramente polo lateral. A falta é transformada de tiro cruzado impecablemente por Alfredo. Non cedemos e seguimos presionando pero o rival dispuxo duas líneas defensivas diante da portería e, cando podíamos ter ventaxa para chegar, sempre había un home que entorpecera ainda que pitasen falta. Tivemos ocasións, poucas (unha de Marcelino, outra de Alfredo, outra de Bambam), pero estragámolas tirando fora. Houbo tamén duas accións para a polémica, unha para cada equipo : faltando dez minutos para acabar, Luis queda enganchado na defensa, eles pasan o balón a Ferreiro mais o árbitro pítalle fora de xogo que non era, cando marchaban varios xogadores do Seaia desde o centro do campo. E cinco minutos despois pasou o mesmo en contra nosa nun pase medido de José Regueira entre varios xogadores para a carreira de Arcay, que escapaba sólo cara porta e viu como Capellán pitaba para que non seguise.

A ningún dos dous equipos nos gustou o árbitro. Demasiado contemplativo na primeira mitade, parecía que non houbese traído tarxetas. Nós reclamamos que houbo polo menos duas ou tres xogadas que mereceron amarela clara pero non o considerou. Tamén fallou nas xogadas mencionadas, unha a favor de cada equipo, en que pitou fora de xogo e non o era. Quixo quedar ben con todos e non quedou ben con ninguén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario