FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 18 de outubro de 2015

VETERANOS MALPICA 2 - VETERANOS S. ISIDRO (RAZO) 1

Partido xogado con tempo claro, nin caeu auga nin luciu o sol. Nós hoxe eramos quince efectivos e o noso rival, o San Isidro, bastantes milagros tivo para suplir a falta de efectivos, sólo se presentou con dez xogadores de campo e dous porteiros. Ainda tivo que poñer na segunda mitade a Charli como xogador de campo para poder ter un home para cambiar.










Na primeira parte o xogo foi alterno. Pudemos adiantarnos nós en duas ocasións moi claras, sobretodo na segunda delas a que Bambam non chegou no segundo pao polos pelos a un centro desde a esquerda. Despois eles tamén tiveron outras duas claras que estragaron tirando fora.




Na segunda mitade adiantamos líneas e o dominio foi mais noso pero, coma está a suceder nos últimos partidos, estamos a facer que un dos nosos rivales opte a internacionalidade e nesta ocasión así o fixemos co núm. 3, José Cambón, que cortou innumerables balóns que chegaban as inmediacións da portería dos de Razo. Sóamente tiñamos opcións nas xogadas a balón parado. E nunha desas xogadas (min. 60) saca o córner Mutio, eles non foron capaces de despexar lonxe a pelota e, despois de varios rechaces, o balón é empurrado por Abel na línea de gol. Premio para o equipo que mais apretaba pero durou pouco a alegría. Catro minutos despois sacaron eles un córner desde a dereita, o balón despexámolo de cabeza e vai a parar ao núm. 9, Juan Couto (o mellor home de ataque deles hoxe), que tira colocado a dereita de Chaves, que non pode ver casi nada entre unha nube de xogadores.

O partido, a partires de ahí, tivo duas xogadas decisivas para o marcador. No min. 90 escapa pola dereita Juan Couto e, cando sae Chaves a tapar, dispara a esquerda do noso porteiro facendo éste unha gran parada ca perna cando estábamos a temernos o gol. E de poder marcar eles pasamos nós a gañar o partido dous minutos despois noutro córner botado por Mutio desde a dereita, o balón é despexado polos defensas de cabeza cara a esquerda da área grande, o persigue e recupera Arcay que ve sólo a Marcelino no medio da área grande e centra para que éste empalme o balón a rede. Un bonito gol sin tempo para a reacción visitante porque, tan pronto sacaron de centro, o árbitro pitou o final. Conseguimos desfacer o resultado de empate (que hoxe non sería tampouco inxusto) a que tantas veces nos vimos abocados cando menos o contábamos, e menos tal e cómo se desarrollou o final do partido.

Canario fixo un moi bo arbitraxe, moi serio. Os de Razo reclamáronlle insistentemente cousas pero, obxetivamente, creemos que sólo errou nun fora de xogo no que marchaba Marcos pola esquerda e iba en posición legal, xogada que tampouco foi decisiva porque había defensas no medio que iban a cerrar. Foras de xogo pedíronllos sempre, ainda que houbese xogadas de córner donde o S. Isidro defendía con dous homes debaixo dos paos custodiando ao porteiro e tardaran en iniciar a saida. Nas xogadas de falta pitou correctamente, sin complicarse.

Ningún comentario:

Publicar un comentario