FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 25 de outubro de 2015

VETERANOS PORTEÑO 1 - VETERANOS MALPICA 1


Mañán espléndida en Camariñas para visitar ao Porteño, Un empate merecido que sabe a gloria e contra un dos mellores equipos desta liga. Vale como dato que o Porteño había marcado hasta o momento 20 goles e encaixado soamente seis.

Presentámonos no campo 12+1 xogadores (como decía Angel Nieto), é decir, dous cambios. A actitude encomiable, unha entrega durante os noventa minutos absoluta, con actitude, sin que ninguén riña cos compañeiros (como ocurría a tempada pasada), o cual da unha tranquilidade xeral e axuda ao resultado.




Na primeira mitade foi igualada ainda que dominada fisicamente polos nosos rivales, con un ritmo que nos fixo votalas tripas fora.

 A segunda empezou con eles mais enchufados e nos primeiros minutos embotelláronnos no noso terreo, marcando un golazo no min. 50 nunha xogada na que o lateral esquerdo profundizou pola banda e centrou perfectamente ao punto de penalti donde aparece Martín que, en carreira, empalma un tiro certeiro que bate a Chaves. A partires de ahí o dominio pasou a ser noso, tendo tres ocasións clarísimas con man a man contra o porteiro de Marcelino e Bambam pero non obtendo premio. Conseguimos o empate por fin no min. 60, nunha falta brilantemente executada desde a dereita por Alberto de Seaia que pica o balón preto da portería e un dos veteranos ilustres, Chucho Canido, peitea o balón de cabeza no punto de penalti e marca.  O dos nosos ilustrísimos é un orgullo e, ao mesmo tempo, un espello donde mirar. A semana pasada marcou Abel e ésta foi Chucho, mais de cento vinte anos acumulados entre os dous.

Seguimos dominando. Pero unha xogada na que o árbitro non pita un fora de xogo monumental, na que o xogador rival estaba en posición ilegal, provocou as protestas e a tarxeta amarela a Alberto de Seaia, o cual fixo que se descentrara. Nunha xogada posterior comete unha falta na que recibe unha segunda amarela e a consiguinte expulsión, o que fixo que xogáramos os últimos minutos con dez xogadores. Eles empezaron a apretar e o equipo defendeuse como gato panza arriba.

A Rives, aparte de un penalti que non pitou ao noso favor, por máns do defensa central do Porteño, reclamámoslle sobretodo a xogada que orixinou a amarela do noso defensa. Pero salvo eso, estivo bastante ben no seu cometido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario