FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de maio de 2016

ACABOUSE A TEMPORADA: VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE CASTRIZ 4 (CLASIFICADO O CASTRIZ)






























Aliñación: Juan; Luís Naya, Chucho, Alberto de Carballo, José Regueira; Abel, Leo, Mútio, Wash; Bugallo e Bambán.

Goleadores: 
 0-1, m. 25: Deixada cara atrás ao porteiro de Luis Naya, Juan despexa deficientemente e Capelo, que seguía a xogada, empurra o balón ao fondo das mallas.
 1-1, m. 27: saque de curruncho executado por Mútiu, o visitante Daniel Pazos, de impecable testarazo, introduce o esférico na súa propia porta. 
1-2, m. 50: Guillín de xogada individual. 
1-3, m. 70: man a man de Guillín co porteiro local Juan, rexeita este en gran saída tapando moi ben a portería, o rexeite cáelle a Capelo, que non ten mais que empurrar a rede de tiro a media altura. 
1-4, m. 84: Alfonso, nunha xogada similar as anterior. 

Incidencias: Mañá nubrada na “Pedra Queimada” con temperatura agradable. Non houbo mancados nin expulsados. 

Árbitro : Sr. Gonzalo.- Estivo ben. 



Comentario: Tiñan moitas esperanzas postas os veteranos malpicáns nesta eliminatoria que os clasificaría para Oitavos, tralo empate colleitado en Castriz. Pero o infortunio cebouse na maioría de efectivos que, entre outros, tiveron viaxes (J.L. Arcay e  Alberto de Seaia,) e ocupacións (Alberto de  Barizo ), ao que hai que añadir as lesións (Alfredo, Marco, Marcelino), e non puideron acudir a cita. Así as cousas e, tan só con 11 futbolistas xustos, plantaron cara na primeira parte a todo un 1ª División; logo na continuación, as pernas pesáronlle moito aso locais e os goles do Castriz foron caendo un tras outro ata conseguir o triunfo que os planta nos Oitavos de final.

Ningún comentario:

Publicar un comentario