FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de maio de 2016

COPA (Previa 16avos de final - ida) : VETERANOS DE CASTRIZ 2 - VETERANOS DE MALPICA 2

(Crónica de Luis Porto)

Incidencias
Mañá moi nubrada con lixeira chuvia, que facía que o “coiro” patinara en exceso. Mancado o malpicán Marco, cun leve tirón muscular, (m. 51).

Aliñación do Malpica
Juan; José Regueira, Chucho, Alberto de Carballo, Alberto de Seaia; Leo, Alberto de Barizo, Marco, Luís Naya; Mútiu e Bambán. Tamén xogaron: Washi e Bugallo.






Goleadores:
0-1, m. 35: Bambán,recolle o “coiro” no centro do campo, escápaselle por velocidade a defensa local plántase ante o porteiro e báteo na súa saída.
0-2, m. 38: de novo o goleador Bambán, recibe un pase en profundidade, non se entenden o porteiro e un defensor local e o dianteiro malpicán a porta baleira envía a rede.
1-2, m. 57: galopada de Alfonso por banda dereita e, un pouco antes de chegar a liña de fondo envía un centro chut bombeado que se cola na portería de Juan, sorprendendo a todos.
2-2, m. 72: tras un saque de banda e centro desde a dereita, recolle o “coiro” Guillín, e de forte tiro bate a Juan a pesar da súa estirada.

























Comentario

Meritorio empate dos veteranos do Malpica no campo de “San Pedro”, ante todo un 1ª división, que lles da garantías para o partido de volta en “Pedra Queimada”.Excelente plantexamento ao contraataque do “míster” Dourado, a pesar de contar con tan só 13 futbolistas, que se quedaron en 12 trala lesión de Marco. Ao maior dominio territorial do Castriz, responderon os homes de Dourado con perigosos contraataques, aproveitando con moito acerto a velocidade do seu goleador Bambán.


ÁrbitroSr. Isidro.- Ben en liñas xerais.


Ningún comentario:

Publicar un comentario