FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

venres, 21 de outubro de 2016

PESADELO NO VESTIARIO

A quen mais temían os Veteranos de Malpica (polas posibles consecuencias que a sua aparición podería ter) era ao popular presentador do programa "Pesadilla en la cocina". E, finalmente, apareceu sin que ninguén o chamara.


E veu o noso territorio para investigar a dieta dos veteranos. Non podía ser casualidade que apareceramos sempre con esas pintas...



Despois de pararse moito, poñéndose como un barril (él decía que era porque tiña que comer as mesmas cousas, pero o tipo é de moi boa condición), veu a dar ca clave. Non eran os cocidos, nin as cervezas, nin os callos, nin os viños, nin os chupitos, non... 

O que mais estropeaba ós ilustres veteranos eran... ¡¡¡ os iogures !!!  Según soubo, o representante de unha nova distribuidora de viños (cuio galego nome empeza por ch) había importado da China uns novos iogures, con sabores innovadores, que en Malpica causaban furor.




Ningún comentario:

Publicar un comentario