FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 16 de outubro de 2016

VETERANOS : MALPICA 2 - NANTÓN 1













Mañán agradable para a práctica do fútbol. Xogamos en Nantón por cambio de campos xa que na segunda volta ese campo previsiblemente estará bastante mal para xogar ó fútbol.

Veteranos de Malpica : Juan; José Regueira, Alberto de Carballo, Leo, Alberto de Seaia; Marco; Pedro, Mutio, Alberto de Barizo, Luis; Nacho. Tamén xogaron Abel, Chucho, Joshua, Victor e Wash.
No banco estivo ordenando Fernando por ausencia de Dourado.

Dezaseis efectivos que foron clave en que pudésemos aguanta-lo chaparrón de xogo en que nos sumiu o centro do campo do Nantón, máxime cando sufrimos a lesión de Leo.

Na primeira mitade recurrimos, como no resto do partido, as escapadas de Nacho, moi ben vixiado por Muiño. Pero no min. 15 pudo zafarse e conseguiu prantarse diante do porteiro e batilo. O resto da primeira parte foi do Nantón, pero sin ocasións claras para o empate.

A segunda mitade seguiu sendo un acoso permanente do Nantón en busca do gol. Chegou xa no min. 52, cando perdemos un balón no mediocampo que non debíamos haber perdido, recolleu o balón o nº 11 Carlos Sande e enganchou un tiro que bateu a Juan. Nós estábamos co xogo deslabazado e non conseguíamos tranquilidade para tocar o balón. Cinco minutos despois pudo chegar a puntilla: recolleu o balón un dos xogadores cabaneses, para nós en clarísimo fora de xogo, e escapa só cara portería. Alberto de Seaia tentou refacerse e conseguiu chegar a derribalo cando tiraba, decretando o colexiado España o claro penalti. A ocasión manifesta de poñerse en franquicia desperdiciouse porque o balón saiu moi desviado a esquerda da portería. 
Nese momento Fernando puxo en xogo de novo a Alberto de Barizo no mediocampo. E voltou a tranquilidade no xogo. No min. 76 Nacho pudo zafarse da marcaxe dos centrais e puxo un balón en franquicia cara a carreira de Alberto de Barizo que, sólo diante de Castro, regateou ben e marcou o 2-1 definitivo. A partires de ahí o Nantón quixo pero non pudo e conseguimos defendernos con bastante orde. Non entendemos moito a posición clasificatoria dos cabaneses pois teñen un equipo moi compacto e con moi bo centro do campo, ca presencia de Lema, Sande e o noso ex-xogador Amarelle.  

Non foi malo a arbitraxe de España. Pudo ser determinante a xogada do penalti que fallaron os nosos rivais. Pero tentou lidiar con xogadores que non atenden moitas veces a razóns. Ainda que o xogo non foi tampouco brusco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario