FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de febreiro de 2017

LIGA DA COSTA : BAIO 2 - MALPICA 1









Árbitro : Enrique Larrosa Pérez.

Goles: 1-0 (min. 3, penalti) MC.
          1-1 (min. 38) Brais Lado.
          2-1 (min. 78) MC.


Pedro Gómez, (Adestrador do CD Baio) : "Partido que se nos puxo de cara no minuto 2 cun claro penalti sobre Moreno que transforma MC. O equipo fíxose ca posesión e co control do xogo e o Malpica non conseguía poñernos en perigo. MC e Moreno puideron aumentar a diferenza no marcador, sen embargo nunha acción de mala sorte o Malpica conseguía o gol do empate na que o disparo de Brais Lado tropeza en Norberto e cólase na portería. Na segunda metade a tónica do partido seguía sendo a mesma, pero agora o Malpica conseguía contratacar con maior perigo. Poucas ocasións pero moi claras nos dous equipos. A tres minutos do final MC facía o definitivo 2-1. No desconto e a balón parado o Malpica tivo o empate ata en catro ocasións, pero os paus e Diego evitárono. En resumo, importantísima victoria ante un gran rival como foi onte o Malpica". (Sacada da páxina dos Piratas de Muxía).

Ningún comentario:

Publicar un comentario