FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de marzo de 2017

VETERANOS : MALPICA 3 - SOFÁN 2

Tempo nublado, temperatura baixa sin moito frío, 12 graos. 

Veteranos de Malpica: Bugallo; Carlos, Chucho, Alberto de Carballo, José Regueira; Arcay, Mutio, Alberto de Barizo, Luis; Bernardo e Nacho. Tamén xogaron Abel, o debutante Cani, Joshua, Leo, Pedro, Victor e Wash.


Primeira vez na tempada que xuntamos dezaoito homes, grazas a aparición de homes que non puderan vir a semana pasada por temas de traballo mais ó debut no noso equipo de Cani. Da moita moral ver que apareceu a xente e pudemos corroboralo con unha victoria. Pero non foi nada fácil. Enfrente tivemos un Sofán aguerrido, con compañeiros de mil batallas como Liso Docampo ou o benquerido Camilo, que empezara nesta liga no Dep. Carballo aló por 2003). Eles empezaron once xustos mais os dez minutos incorporouse o nº 12, Jose Luis, e ben que se lle notou a presenza de este xogador no medio do campo.





















Na primeira mitade sólo houbo un gol no min. 38, cando Alberto de Carballo saltaba por enriba da defensa rival para cabecear a saida de un córner sacado moi ben por Cani. Houbo tímidas protestas pedindo falta sobre o defensa pero o salto foi impecable, con forza. Pudo haber o empate nunha patada dentro da nosa área, pero o dianteiro non quixo deixarse caer e seguiu, perdendo o balón. 





















Na segunda parte seguiu a pelexa. Ningún dos dous equipos daba o balón por perdido logrando que o xogo fose repartido. No min. 51 conseguimos o 2-0 nun cabezazo de Joshua despois de un centro desde a dereita.

Parecía que tiñamos o partido encamiñado mais producense as xogadas que determinaron o encontro. Nunha melee que houbo na área pequena, Bugallo vaise facer co balón pero recibe un pisotón de un dianteiro rival. Bugallo queda no chan e, ainda que o dianteiro queda parado, o balón sigue e é empurrado a gol por un compañeiro seu. Na man de Bugallo quedou unha marca ben clara do que había pasado e o noso porteiro tivo que marchar do campo. Reanudouse o xogo e no primer contragolpe, ainda con xogadores berrando e pedindo o gol, o balón chegou a Nacho, que se desfixo da marca dos centrais e marcou de tiro cruzado. Algún dos defensas sofanistas recriminaba ós seus compañeiros que estivesen mais atentos a recriminar a xogada anterior que ó seguimento do xogo.

E parecía todo feito co 3-0. Pero non. Carlos colleu o relevo de Bugallo na portería, mais Cani non podía seguir xogando. E o Sofán veuse arriba. Jose Luis mais Jose Antonio Fieira multiplicáronse nas inmediacións da nosa área. Marcaron Angel Puga (no min. 83) e Jose Antonio Fieira (no min. 85). A estas alturas xa non nos quedaban folgos e mais Carlos tamén marchou da portería, collendo o seu lugar José Regueira. E adicámonos a aguantar o chaparrón esperando o agónico final. Si fósemos o mesmo número de xogadores da semana pasada posiblemente houbesemos perdido.

Protestaronselle algunhas xogadas a Juan por parte do Sofán. Non foras de xogo porque demostrou que soubo colocarse perfectamente para o seguimento dos mesmos. Nada que decir pola nosa parte, ainda que sabemos que o penalti da primeira mitade sería clarísimo si o dianteiro houbese caído (e creemos que para Juan tamén). Para nós, salvo esta xogada, foi unha arbitraxe razonable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario