FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de marzo de 2017

LIGA DA COSTA : CASTRIZ 4 - MALPICA 2










Árbitro: Iago Varela López. Expulsou unha vez acabado o partido a Brais Lado.

Goles: 1-0 (min. 26, penalti) Sebas.
           1-1 (min. 30) Cololo.
           2-1 (min. 55) Adrián.
           3-1 (min. 62) Roberto.
           3-2 (min. 64) Cololo.
           4-2 (min. 82) Roberto.

(Declaracións sacadas da web dos Piratas de Muxía) :


Repi, (Adestrador do SCD Malpica) : "Bo partido en xeral para esta categoria, con ritmo, intensidade e ocasións de gol. Na 1ª parte estivemos mellor nós, con ocasións de gol de Iván e Cololo claras, e un penalti en contra que só o víu o árbitro, sin apenas pasar perigo neses intres. Na segunda metade, sairon máis metidos no encontro eles e en dous erros defensivos marcaron dous goles. Pero non baixamos os brazos e seguimos creando ocasións. Marcamos un gol e puidemos meternos de cheo no encontro cun penalti claro que non quixo o árbitro pitarlle a Cololo. Tiros o pao de Iván e varias ocasións erradas para poder empatar. Puido pasar calquer cousa. Nós perdoamos e eles as que tiveron marcáronas, pero o árbitro creo que non tivo un bo día.
Na 2ª parte xogáronse 30 minutos. A maioría do tempo parado por xogadores tirados no campo e só descontou 3 minutos. Contento pola actitude do equipo de non rendirse e con posibilade ata o final de sacar algo positivo".

Mata, (Adestrador do SD Castríz) : "Partido vibrante con dous equipos buscando facerse cos tres puntos. Sempre houbo moita igualdade no intento de facerse co dominio do esférico. Alternativas para os dous o longo de todo o partido. O Malpica nunca dou o brazo a torcer e os nosos fixeron un bo encontro para facerse cunha victoria moi, moi traballada".
Sebas antes da media hora a diantaba aos de San Pedro, e na media hora Cololo empataba para os malpicáns. Xa na segunda metade Adrián e Roberto poñían terra de por medio en torno a hora de xogo. Non tardaba en poñer aos malpicáns de novo no encontro Cololo, pero un tanto de novo de Roberto para os locais cortaballe as aspiracións aos da "Vila da vida".


Ningún comentario:

Publicar un comentario