Mañán moi soleada. A hora que xogamos ainda se aguantaba a calor, despois a finalización xa era sofocante.
Veteranos de Malpica: Carlos; Luis, José Regueira, Chucho, Bernardo; Arcay, Mutio, Alberto de Barizo, Javi; Joshua e Nacho. Tamén xogaron Pedro e Wash.
Partido atípico xogado en Buño. Contrariamente ó que se poda pensar, o rival sólo xogou con nove xogadores durante uns minutos. Ao cuarto de hora de xogo eran trece efectivos. Nese tempo en que estaban con nove marcamos o noso primer gol, en un centro desde a dereita de Arcay que Javi remachou a rentes do pao esquerdo, sin que Chouciño poidese chegar.
Na primeira media hora dominamos o coiro e achegábamonos con bastante criterio a meta de Chouciño, que se desesperaba cos seus compañeiros. Tanto se desesperou e discutiu con eles, que pasou de estar na portería e marchou, pasando un compañeiro seu a estar baixo dos paos. Non se afundiu con eso o Buño pois o que se puxo na portería parou algúns balóns moi perigrosos.
Pero non metíamos o segundo gol. E o Buño empezou a ir cara adiante por medio de Jorge e de Juan. A éste último mandaronlle un balón en carreira, o noso porteiro hoxe Carlos calculou mal e saiu fora da área, o que aproveitou Juan para botarlle o balón por enriba e marcar. Os fantasmas da última derrota co Baio apareceron en nós e os nervios tamén. Encargouse de despexalos Nacho, cando nun balón roubado pola nosa defensa chegou a él e mandou un pase entre a defensa cara Arcay que tirou e marcou o 1-2. E de ahí ó descanso voltou a aparecer Arcay para marcar o terceiro.
Arbitrou Cotelo. Nada que decir. Tímidas protestas nalgún balón que o trencilla acalaba conversando directamente cos xogadores e explicándolles porque pitaba aquelo ou aquelo outro. Sí, houbo un tema no descanso de controversia entre Cotelo e nós porque, según o árbitro, Chouciño podía voltar a portería despois de haber estado no campo como xogador. E nós recordabamoslle que en algún partido noso, donde Bugallo había pasado de estar de porteiro a xogador de campo, o árbitro de aquel partido nos había advertido que non podía voltar a portería. Será un tema que se poida volver a falar na reunión de delegados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario