FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de setembro de 2017

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DP. CARBALLO 0 (EMPEZAMOS A LIGA CON BÓ PÉ)




Veteranos de Malpica: Bugallo; Pedro, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Luis, Joshua, Mutio, Alberto de Barizo; Leo e Nacho. Tamén xogaron Abel, Bernardo e Nando.

Partido xogado en condicións aceptables, casi perfectas para a práctica de fútbol. Enfrente un equipo que, si xa era perigroso, cas incorporacións de xogadores do desaparecido Agualada, voltouse mais perigroso ainda, sobretodo con un Daniel que aparecía en toda-las zoas de ataque.















Si non puderon facer mais dano foi porque hoxe a nosa dupla de defensas centrais (Alberto de Carballo e Suso Zas) estivo imperial, atentísimos ó corte, frustrando todos os intentos de profundidade que Torres mandaba en longo. Ben secundados por todo o equipo, que traballou moito. Empeza a notarse a labor oscura de Joshua, ben asentado no medio do campo e ó cual xa se lle ven xogadas de bastante mérito, facendo un bo centro do campo con Mutio e Alberto de Barizo. Todo eso fai un equipo compensado (as duas incorporacións, Nando e Suso, viñeron de perlas) que defendeu ben a ventaxa que nos deu o brilante gol de Nacho, que recolleu un balón preto da área grande no min. 18, elevouna sobre a entrada da defensa, e cruzou diante da saida de Rubén. 


















Todos os intentos que Torres, Dani, Manuel e compañía fixeron para meter gol desvanecéronse. As únicas oportunidades claras que tiveron viñeron de faltas directas, as cuales non foron gol por moi pouco.

Arbitrou Iván. Protestoulle moito o Dp. Carballo. Sobretodo unha caída de Daniel cerca do descanso, na que pediron penalti. A xogada foi moi rápida e o árbitro tiña que estar moi atento porque había moitos xogadores de ambos equipos, nada fácil de ver. Polo resto, Iván meteu tres tarxetas amarelas a cada equipo, mal repartidas para o que alí houbo. Pero tamén freou con unha amarela a costumbre que Torres ten de sacar as faltas directas ó rival que ten tapando diante para que o árbitro lle meta amarela ó defensor. Nesta ocasión Joshua apartouse rápidamente e Torres quedou en evidencia, levandose él a tarxeta que buscaba para Joshua. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario