FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 1 de outubro de 2017

VETERANOS DE SOFÁN 0 - VETERANOS DE MALPICA 0



Tempo bastante cómodo para xogar en Tordoia. Únicamente houbo unha néboa espesa ó arranque do partido que se foi disipando conforme transcurría o xogo.

Veteranos de Malpica: Nacho; José, Suso Zas, Alberto de Carballo, Pedro; Luis, Mutio, Alberto de Barizo, Joshua; Leo e Arcay. Tamén xogaron Abel, Bernardo, Javi e Nando.





Partido xogado de poder a poder. O Sofán armou un equipo tremendamente competitivo, con numerosos efectivos, e un porteiro moi bó. Nós tivemos que cubrir a baixa de Bugallo na portería poñendo a Nacho, que fixo un partido moi serio, e o seu sitio en ataque foi sustituido por Arcay, que pelexou moito diante. Pero hoxe houbo moito centrocampismo e as defensas cuidaronse ben de complicarse cos dianteiros rivais.

Na primeira mitade, o primeiro achegamento perigroso foi do Sofán e o remate de cabeza do dianteiro local a saida de un córner acabou co balón repelido pola madeira. Ós dezaoito minutos de xogo chegou para nós a xogada determinante do partido. Leo vaise do seu par, acompañado pola esquerda por Arcay.  No momento de chegar diante da portería, cedeu o balón horizontalmente ó seu compañeiro para que éste empurrase a gol. Gol anulado inxustamente por Juan, que desde lonxe determinou que, no momento do pase, Arcay estaba bastante mais adiantado que Leo, o cual foi intensamente negado polo noso compañeiro, gañándose unha tarxeta amarela. Mais o seu enfado non foi reprimido con esa tarxeta. O partido seguiu sin xogadas destacadas ata os últimos minutos da primeira parte. Pudemos marcar tamén neses últimos intres, cando unha falta botada por Alberto de Carballo foi rexeitada polo bó de Camilo, ca intención de desviar a córner. Pero o seu cabezazo marchou a escadra esquerda da portería sofanista, facendo o porteiro Oscar un auténtico paradón e quedando os seus compañeiros moi aliviados.





Na segunda parte seguiu a pelexa no mediocampo. Eles tiveron unha boa ocasión nun tiro de Fieira preto do poste esquerdo, no que Nacho se luciu con unha boa estirada, mandando o balón a córner. Pero seguiu o xogo pelexado no centro do campo. E o partido terminou co mesmo resultado do comenzo.

Non arbitrou moi mal Juan, ainda que seguiu o xogo desde bastante lonxe. Precisamente esa circunstancia foi seguramente a que fixo que anulase o gol que marcamos, legal. A nós meteunos duas tarxetas nesa xogada, Leo e Mutio, polas protestas. O rival acabou con tres tarxetas amarelas. Tampouco foi un partido bronco. Os dous equipos adicámonos a xogar e deixar xogar ó rival, sin haber unha sóa patada mal dada.




Ningún comentario:

Publicar un comentario