FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 8 de outubro de 2017

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS SAN ISIDRO 1


Partido xogado no campo rival, por deferencia do San Isidro (equipo ó que lle damos as grazas polo detalle), xa que no noso campo xogaban os cadetes do Malpica e facíase complicado o compaxinalo. Mais así poderemos xogar en Malpica e non neste campo mais adiante, cando o tempo empece a torcer (si algunha vez chega a facelo, cousa que vese complicada tal e como está).

Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Suso Zas, Leo, Pedro; Bernardo, Alberto de Barizo, Joshua, Mutio, Luis; Abel. Tamén xogou Arcay.






Partido xogado con moito calor. Aparte o sol estaba moi abaixo, o que dificulta cando dache de frente e cega ó home que pretende darlle de cabeza ó balón. O que lle ocurreu ó pouco de empezar ó dianteiro do San Isidro cando pretendía rematar un centro desde a dereita en moi boa posición. Quedou cegado no contacto co balón e rematou moi lonxe da nosa portería.

Xogamos un partido moi serio, cas liñas moi xuntas, sin moitos resquicios para o equipo de Razo. Era a única opción posible. E a nosa efectividade foi grande. A mediados da primeira parte, na primeira xogada de ataque nosa, o balón chega en moi boa posición a Bernardo, que controlou, adentrouse na área, e largou un chut forte e impecable, no que Chiño (o mellor porteiro que vimos ata agora nesta liga) só acertou a tocar, pero non foi suficiente para evitar que o balón entrase na porta. 

E pudo ser peor para o San Isidro, porque nas postrimerías da primeira mitade, Joshua controlou un balón na zoa esquerda da área grande, e  lanza un disparo impresionante que se estrelou no longueiro diante dos intentos desesperados de Chiño para evitar o gol. Mais o rechace foi parar a Arcay que disparou a portería. Chiño que estaba no chan, levantouse como unha gacela e rechazou o coiro.




Moito cansancio no descanso, buscando a sombra que daban os banquillos, pero as sensacións eran boas. Pudemos voltar a marcar no primeiro da segunda mitade. Arcay, facendo un cambio de ritmo monumental, presentouse sólo na parte esquerda da portería de Chiño e, diante da sua saida, cruzou o balón excesivamente a dereita. Esa situación voltouse a repetir para Arcay nunha segunda oportunidade, calcada desta anterior.

Pero o San Isidro non se deu por vencido. Axudoulle tamén Gerardo, pitando unha falta incongruente, inventada polo trencilla nun corte de balón de Suso. E esa falta iba directa a gol, pero Carlos, hoxe na portería, tocou ca punta dos dedos e desviou xusto para que o balón fora dar no traveseiro e saise a córner. Desa xogada nacería o gol do empate, pois Gustavo, en posición franca, rematou de cabeza as mallas. 

Nos temíamos o peor, porque non tiñamos suficiente xente de refresco para aguantar o chaparrón que veu. Pero, cousas da sorte, uns minutos despois logramos voltar a marcar. Unha falta centrada desde a dereita por Mutio, chegou a unha nube de xogadores na área. O balón toca involuntariamente o brazo de Luis, e o rechace chegou a un espazo no que estaban Chiño e Joshua. O noso xogador mete o pé e logra marcar gol. Os xogadores de Razo protestaron moito esta xogada porque pediron primeiro man voluntaria de Luis (que non o era) e despois falta de Joshua ó porteiro.

Non deixou o San Isidro de pelexar por eso. Buscou a nosa portería con gañas, pero hoxe Carlos estaba impecable. Cortou un balón que iba a portería e se cantaba gol despexando ca perna. Mais Gustavo estivo a punto de facer doblete, pero o seu tiro a esquerda de Carlos, foi parar ó poste esquerdo da nosa meta. Pasaron os minutos de agobio e ainda houbo unha ocasión ó noso favor para a polémica. Balón centrado á área grande e Chiño, querendo despexar diante do noso dianteiro, non chega a tocar o balón. Mais arrolla ó noso home, que queda tendido no césped. Penalti claro, que todo o mundo presente no campo viu, pero Gerardo non estivo pola labor de pitalo. De ahí ó final, ataque masivo do San Isidro e defensa moi adiantada, contra a que un mermado Arcay tentou sair ó contragolpe, pero ahí a sorte non correu a favor do noso dianteiro.

Salvo as tres xogadas polémicas que houbo (a falta inventada, o gol noso e o penalti que non nos pitou), Gerardo fixo unha arbitraxe mais ou menos aceptable. Tentou estar ben situado sempre. No que sí fallou tamén foi no tempo ampliado en cada parte. Na primeira mitade foron tres minutos cando non houbo tanto tempo perdido. E ó final do partido, si nos lle preguntamos canto tempo vai prolongar e él nos dí tres minutos, non é de recibo que foran cinco os que concedeu finalmente. Non houbo tarxetas para ningún dos dous equipos porque o xogo foi moi limpo por ambas parte. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario