FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 15 de outubro de 2017

VETERANOS HOSGRÁN 6 - VETERANOS DE MALPICA 2



Mañán moi calurosa, coma o resto do día, que se notou no campo de fútbol. Ainda se acercou bastante xente a presencialo, era a festividade local de Santa Teresa na Piña. Nós presentamos catorce efectivos e os nosos rivais dezaseis.

Veteranos de Malpica: Pedro; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Luis; Javi, Alberto de Barizo, Joshua, Leo, Bernardo; Arcay. Tamén xogaron José Regueira (que xogou hoxe de porteiro sustituindo a Pedro), Abel e Marco. Asimesmo temos que destacar a presenza de Alberto de Seaia como mister, en sustitución do ausente Dourado.







Sin pretender quitarlle méritos ós nosos rivais, conxunto equilibrado e potente, con moi bo centro do campo, o partido hoxe foi determinado por non poder dispor nós de un porteiro en condicións. A pesares de que, primeiro Pedro e despois José, se puxeron na portería e cumpliron o seu cometido con creces, non é o mesmo xogar con Bugallo, Nacho ou Carlos que así. O Hosgrán, sabedor de esa circunstancia porque coñecía os nosos xogadores, aproveitaba lóxicamente calquer posición de tiro para tentar marcar gol. E a nosa xente achicando balóns e imposibilitar os tiros lonxanos. Funcionou mentras as forzas acompañaron. Despois do 4-2 xa nos deixamos levar e o rival funcionou a pracer. Pero quedamos con boas sensacións.


Na primeira mitade empezamos perdendo 2-0. O primeiro gol do Hosgrán marcouno Cristian, que hoxe fixo un hat-trick, de falta a escuadra ante o que Pedro non pudo facer nada. E o segundo foi obra de Maki. Outro equipo xa pensaría que o partido estaba acabado. Pero o noso equipo esta temporada pelexa os partidos como nunca. E cercamos a portería defendida por Juan. Avisamos con tiros de Leo e un de Javi, que saiu fora lambendo o traveseiro. Antesala do primeiro gol noso. Falta directa tirada por Alberto de Barizo, Juan non consigue blocar e o seu despexe en curto foi aproveitado por Javi para facer o 2-1. E nos últimos minutos da primeira parte empatamos, tamén a balón parado. Falta desde a esquerda, o balón foi centrado ó segundo pao, donde estaba Abel que, de cabeza, prolongou cara a esquerda, e Leo empurra o balón as mallas. 










Xa sabíamos que a alegría non podía durar moito. O centro do campo rival, con xente moi boa (Roberto, Cristian, Dubra...) afogou o noso mediocampo, tiñamos xente coma Marco e Javi que xa non tiñan forzas despois da prolongada ausencia por lesion, mais hoxe tamén nos faltaba Mutio para axudar ahí. Marcou o 3-2 Caamaño de tiro lonxano. Ainda pudemos reengancharnos de novo ó partido (o cual non sería tampouco xusto porque o Hosgrán fallou un par de ocasións moi claras) cando Javi pelexou un balón a defensa e o seu tiro saiu desviado, ante a atenta mirada de Juan, e a desesperación nosa. Foi un espexismo porque ó momento, nun balón sin aparente perigro para que despexase a nosa defensa, Balsa mete o pé e marcou o cuarto. E a partires de ahí, acabouse o partido e os da Piña xa non tiveron atrancos. Marcou Cristian o quinto e sexto gol, éste xa sobre a bocina. 

Arbitrou Cotelo, ben. Un partido sin moitas complicacións, só houbo duas entradas merecedoras de cartón amarelo, unha delas posta polo árbitro e a outra sancionada únicamente como falta. Non se meteu para nada en cousas raras e o partido transcurriu con moi bo ambiente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario