FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 22 de outubro de 2017

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS PONIENTE 1


Mañán con temperatura bastante agradable para xogar ó fútbol, unha vez superado ese frío inicial da xiada nocturna.

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Carlos, Marco, Alberto de Carballo, Pedro; Bernardo, Mutio, Joshua, Luis; Bugallo e Arcay. Tamén xogaron Abel, Leo e Suso Zas.














Enfrente a nós un equipo que, polos antecedentes últimos da liga, non parecía que fora a dar tanta guerra, reforzados con Ramiro e Fernando do desaparecido Vimianzo. Pero deuna.

Con nós debutaba o malpicán Suso na portería. Non tivo excesivo traballo, pero as ocasións mais claras que tivo o Poniente foron moi perigrosas. Mais él, salvo no gol, solventounas con oficio. Vainos a dar un salto cualitativo moi grande.

Na primeira mitade nós tivemos duas ocasións claras. A primeira solventouna o porteiro cunhas maneiras propias de porteiro de balonmán (de ese deporte parece que saliu él)  e logrou o despexe, que non era para nada sinxelo. A outra ocasión foi un tiro impresionante de Marco desde o límite dereito da área grande, xunto ao banderín de córner. O cancerbeiro, xunto ao pao dereito da portería, meteu a man e, miragrosamente, o rexeite sube por enriba do traveseiro para perderse. Susto monumental para o Poniente que ben podía haber sido gol. Eles tiveron unha ocasión clara nun balón en largo no que Suso saiu ó borde da área grande. O dianteiro elevou moito o balón para salvar ó noso porteiro e o balón é despexado a córner por Alberto de Carballo, mentras os rivais pedían penalti por caída de un dos seus homes cando tropezou con un dos nosos (algo que sería bastante esaxerado, porque en ningún intre chegaría ó balón).
























Na segunda mitade tivemos nós tres ocasións moi claras para marcar o primeiro gol. Na primeira, Arcay caracoleu na banda esquerda diante do lateral, e o seu centro chega a Bugallo que, só diante da portería, meteu o pé e o balón saiu por enriba do longueiro. Na segunda, un centro desde a dereita é cabeceado por Bernardo e o balón foi ó pao esquerdo da portería, cando se creía que entraría. E na terceira, outro centro de Arcay desde a dereita foi cabeceado en moi boas condicións pero tampouco houbo gol.

Do Poniente non había noticias. Pero a máxima do fútbol de que "o que perdoa, a paga" cumpriuse unha vez mais. Prácticamente na primeira ocasión que pasaron de mediocampo, unha brilante asistencia desde a dereita deixou só a José Rodríguez, na esquerda da área grande nosa. Suso saiu a tapar pero o dianteiro non perdonou, controlou e mandou ao pao dereito da portería, o balón rebotou nese poste e foi ó poste esquerdo da portería e entrou. 

Desconsolados quedamos. Xa non soubemos reaccionar mais que mandando balóns en largo que paraban na defensa rival. Só creabamos algún perigro nas faltas. E o noso mister pediulle ó lanzador, Mutio, que as botara no punto de penalti. O cual resultou no gol do empate no último suspiro do partido, cando o defensa, en pelea con Bugallo, meteu o gol en propia porta. Polo menos salvamos un punto diante da desesperación dos nosos rivais. Final no saque desde centro de campo. Resultado bastante xusto.

Canario non foi un atranco no partido. Moi boa foi a observación que lle lanzou ós xogadores do Poniente cando Suso Zas fixo unha falta bastante perigrosa e os nosos rivais pedían tarxeta para o noso lateral ("vós fixestedes unha igual na primeira parte e os de Malpica non se queixaron tanto"). Tentou levar o partido polos terreos da cordialidade. Tampouco o xogo foi brusco, apenas houbo faltas. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario