FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 5 de novembro de 2017

VETERANOS DE MALPICA 3 - VETERANOS DE FISTERRA 5



Mañán agradable para xogar ó fútbol, soleada ainda que ó primeiro a temperatura era mais ben baixa.
Os dous equipos apareceron con varios cambios, o que favoreceu o ritmo alto de xogo.

Veteranos de Malpica: Carlos; Nando, Marco, Leo, Pedro; Luis, Mutio, Alberto de Carballo, Joshua, Arcay; Bernardo. Tamén xogaron Abel, Alberto de Carballo, Bugallo, Javi e José. 

Eles viñeron ca baixa anunciada de Iago por sanción prolongada. Este xogador o ano pasado en Malpica deu unha auténtica exhibición e temíaselle. Pero siguen conservando a Rodrigo, que foi moi determinante (non pode seguir xogando no Fisterra senior pero acumula moita clase para eso ou para estar na Liga da Costa) e teñen a Rubén, que é moi difícil de defender e marcou catro goles. No noso equipo faltaron os dous Susos, o de Zas e o de Malpica (na portería), ausencia ésta que se notou algo mais, pese a que Carlos fixo un bo partido. Pero si hoxe temos a Suso, igual o resultado houbese sido outro. A quen se lle diga o resultado pode pensar que puxémolo doado para o Fisterra, mais só hai que añadir que os dous últimos goles deles foron no desconto, cando xa esperábamos o pitido final, e foron celebrados polos fisterráns como si houbesen gañado a liga.









Na primeira parte casi que todalas ocasións claras foron do Fisterra. Tiveron tres moi boas para inaugurar o marcador pero o remate non foi entre os tres paos. E nós, sin ter ningún achegamento serio, golpeamos primeiro. Javi pelexou un balón no interior esquerdo, conseguiu levalo e asisteu a Arcay no medio da área, que quebrou ó seu par e marcou o 1-0. 

Non nos deu moito tempo para celebralo porque un para de minutos despois Rodrigo fixo xogada individual polo centro e deulle unha asistencia a dereita a Rubén para que enviase unha vaselina perfecta que bateu a Carlos polo pao esquerdo. Resultado que se fixo mais xusto despois de que Rubén materializase o segundo gol, en un disparo lonxano que Carlos non conseguiu ataxar e o seu rechace foi directo a portería. Cerca do descanso, un choque entre o defensa e porteiro rivales deixoulle o balón franco a Arcay, que non se quixo aproveitar de que os dous xogadores quedasen lesionados no chan tirando a gol e mandou o balón fora.



Na segunda parte seguiu o ritmo alto. Hoxe tiñamos a Marco, moi serio todo o partido, así como o resto do equipo. Durante todo o partido, non deixaron que se achegaran a nosa área. Pero o Fisterra pelexaba e moito. Rubén conseguiu capturar un balón preto do banderín de corner da dereita e mandou un centro medido a área que Domingo cabeceu as mallas para facer o 1-3.

A partires de ahí, tiramos de coraxe e conseguimos cercar a portería do Fisterra. Joshua fixo o 2-3 nun balón solto a saida de un córner. E Alberto de Carballo marcou o 3-3 con polémica, porque o cabezazo de Abel pode que entrara só, pero él axudou a que entrara de todo estando en posición ilegal. 

Ó Fisterra pudéronlle os nervios do empate en esa situación ilegal e cercaron a Rives con moita enerxía, non deixando que o partido seguise transcurrindo en situacións normais. E o partido chegou ó minuto 90, parecendo que acabaría en empate. Pero Rodrigo non había dito a última palabra. Recolleu un balón no vértice dereito da área grande. Regateu a catro xogadores que lle sairon ó paso e mandou un misil que se estrelou no poste esquerdo da portería, sobrepasando a estirada de Carlos, e o rebote chegou a Rubén só debaixo dos paos que marcou o 3-4. O delirio apoderouse dos fisterráns. Uns adicaronse a celebralo como era debido. Outros, como o impresentable de Domingo (o segundo nome deste, Zeus, venlle ó pelo para a escenita que nos montou) que se puxo a facer carantoñas e foliadas cara o noso banquillo, manchando a imaxe de un equipo e un pobo, Fisterra, que seguro que non se merece este tipo de fazañas. Cada vez que vemos este tipo de numeritos dexesámoslle ó equipo do que forman parte que ascendan de unha puñetera vez e os perdamos de vista nesta segunda división. 

Finalmente Rúbén marcou o seu cuarto gol, nun penalti claro feito (como non) a Rodrigo no min. 93.

Arbitrou Rives. E arbitrou medianamente ben. Claro está que cometiu fallos, todos somos humanos, e algúns deles foron recoñocidos polo árbitro como non vistos. E pode ser que fallara no gol do empate a tres. Pero seguramente tería que poñer algunha tarxeta mais no carrusel de protestas siguinte, sobretodo contando co numerito final montado por Domingo (Goyeneche acabaría fixo con varios expulsados). Tamén temos que decir seguiu o xogo de preto, fallou menos que os xogadores e tentou calar ós que,desde un e outro banco, reclamabanlle unha ou outra xogada ó seu favor.





Ningún comentario:

Publicar un comentario