Mañán fresca e algo chuviosa na nosa viaxe a Baio. Finalmente eramos quince efectivos, ainda que no comenzo só había once homes.
Veteranos de Malpica: Bugallo; Nando, Suso Zas, José, Luis Naya; Arcay, Joshua, Alberto de Barizo, Mutio, Abel; Carlos. Tamén xogaron Alberto de Carballo, Bernardo, Leo, mais debutou nas nosas ringleiras Luis Cancela.
O partido será recordado por nós pola actuación de, sobretodo, dous homes: Arcay, que marcou un hat-trick mais deu duas asistencias monumentais, sendo un perigro constante para a zaga baiesa. E Carlos, que fallou dous goles clarísimos e casi marca o que tentou de maneira inverosímil.
Prantámonos moi ben no campo, líneas moi xuntas e dominando o xogo en moitos minutos do mesmo. A primeira ocasión tivoa nada mais empezar Abel, que foise ó centro da área e recolleu un centro de Arcay, pero o seu tiro saiu moi desviado.
Comenzou o espectáculo Arcay, no extremo dereito da área, dando unha asistencia e deixando só a Carlos que, cando o porteiro xa estaba tirándose cara a sua esquerda, tirou con todo para marcar gol pero o seu tiro saiu por enriba do longueiro. E un par de minutos mais tarde, Arcay na mesma posición que a vez anterior, esta vez optou por quebrar ó seu marcador cara a esquerda e ca zurda envíou o balón por enriba de Luis para marcar o 0-1.
Arcay voltaría a repetir sobre o minuto vintasete. Recolleu outro balón a dereita e, cando casi todos esperábamos unha xogada de asistencia, lanzou un tiro potente que se colou pola escuadra esquerda da portería, facendo o 0-2.
O Baio tentábao en xogadas a balón parado. Pero hoxe non era o seu día. Bótaselles de menos un dianteiro que remate na líña de gol.
Na segunda parte foi unha cousa parecida, polo menos nos primeiros vinte minutos. Carlos voltou a fallar un centro desde a dereita de Arcay, o seu tiro foise a dereita da portería cando creíamos que iba a ser gol. Tan desesperado quedou que, uns minutos mais tarde, outro centro mais de Arcay que o colleu un pouco adiantado, tentou darlle de calcaño, índose o balón a esquerda da portería. Si chegara a entrar, sería un gol de dibuxos animados.
Pero o que non fallou de novo foi Arcay. Esta vez polo centro, escapou só cara porta e cruza diante da saida de Luis.
A partires de ahí, o Baio adiantou liñas. E nós botámonos moito sobre da defensa. Puderon reducir distanzas, mais seguían sin ver porta. Tiveron duas ocasións de moito perigro, pero non atinaron e os seus tiros non foron entre os tres paos.
Sobre o minuto 35 houbo o susto de ver ó xogador baiés David caer o chan. Tivo o que parecía unha insuficiencia coronaria. Uns minutos despois, David incorporábase en condicións aceptables e foi para o banquillo. Desexámos que non sexa nada.
Arbitrou España. Ben. Pudo errar nun par de foras de xogo pitados ós nosos dianteiros na primeira parte, sobretodo o segundo deles foi moi claro que non o era, nunha xogada na que Leo lle botou un pase ó oco a Arcay. Pero si fallan en categorías senior con linieres, qué lle vamos a pedir a un árbitro estando só. Dialogante e pendente do xogo, non foi protagonista, que é o mellor que podemos opinar deles. Non mostrou ningunha tarxeta, porque tamén o xogo foi moi limpo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario