FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

luns, 20 de novembro de 2017

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE NANTÓN 0


Bo día para xogar ó fútbol, con un pouco de frío ó primeiro para despois ter unha temperatura agradable. Enfrente tiñamos ó Nantón, equipo lider e candidato ó título de liga (cousa evidente vendo como xogan, un cuadro temible), que se presentou en Pedra Queimada con dezaoito efectivos.

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Arcay, Leo, Mutio, Joshua, Javi; Carlos. Tamén xogaron Abel, Bernardo, Cancela, Luis e Marco. 















De entrada temos que decir que non nos gusta nada chegar ó vestiario e ter xa que limpar porque estaba feito unha esterqueira. En canto ó partido, seguramente o mais complicado que xogamos este ano no noso campo. O Nantón xogou moi ben, con balón e sin él, buscando os seus dianteiros entre líneas, con un Luis Guiance espectacular, pero este Nantón non é só Luis, porque teñen a Miguel, a Sande, a Pablo Sousa, a Amarelle, a.... ¿Cómo pudemos gañar? Primeiro, porque xogamos un partido moi serio, cas líñas moi xuntas, como habíamos feito o día que xogamos en Razo, con sacrificio de todos os compoñentes dos Veteranos de Malpica. Segundo, porque hoxe tiñamos a Suso Malpica na portería, quen o coñeza sabe que da moitísima seguridade atrás. E terceiro, porque aproveitamos duas das tres oportunidades de gol que tivemos.

Con Suso na portería, só tiveron eles unha ocasión mais ou menos clara, nun balón ó que o noso gardamallas saiu para despexar co pé e deulle mal o balón, chegando a Luis e tirando éste moi forzado, saindo moi desviado. O mesmo que outro par de tiros que os cabaneses tentaron.
Nós marcamos no min. 20, en un balón pelexado a saida de un córner na defensa deles, o esférico chegou a Alberto de Carballo que tirou moi colocado a esquerda de Ernesto para facer o 1-0. Tivemos outra en un balón que interceptou Mutio no mediocampo, adentrouse no terreo adversario, pasou a Arcay, mais éste, en luar de asistir o balón o centro da área para que Mutio estando só rematara, optou por tirar e o defensa que o marcaba rexeitou o balón. 















Na segunda mitade saiu o Nantón a por todas. Estaban en todos lados, o noso papel era achicar balóns por todas partes. Mais no min. 67, no único erro de Ernesto, saiu a despexar froxo diante de Carlos un balón na defensa e éste chega a tres cuartos de campo donde estaba Arcay, que desde ahí tira bombeado a porta, sin que o porteiro pudese facer nada para evitar o 2-0. 

Tocaba zafarrancho para os cabaneses. Tamén axudou que nós estábamos en inferioridade numérica ca falta de Marco e que Javi regalara un par de faltas ó borde da área, a primeira rebotou na defensa e a segunda foi ben repelida por Suso. No último segundo de partido, houbo un penalti moi claro por mans de Nando que Javi, como acababa de pitar a última das duas faltas, non se atreviu a dar. 

Non gustou moito Javi arbitrando. Un trencilla en veteranos tería que estar para dialogar e non montar conflictos, e Javi, nun partido que transcurría mais ou menos tranquilo, exasperou ós integrantes de ambos equipos. Menos mal que todos se dedicaron a xogar e a non facerlle caso. Moi rigurosas foron as faltas perigrosísimas que pitou ó borde da área. Pero sí pudo haber pitado o penalti a favor do Nantón nos últimos intres de partido. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario