FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 3 de decembro de 2017

VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE LEILOIO 3



Bo tempo para xogar ó fútbol, con sol lucindo ó primeiro para despois cubrirse de nubes, pero sin moito frío. 

Veteranos de Malpica: Carlos; José, Suso Zas, Leo, Bernardo; Arcay, Joshua, Mutio, Alberto de Barizo, Luis; Cancela. Tamén xogaron Abel, Nando, Pedro e Suso Malpica. 

Sentóunos mal o descanso da semana pasada. Estivemos moi fríos e só ofrecimos algo de resistencia na primeira parte, mais xogamos moi lonxe da portería rival. Despois do 0-2 tivemos un baixón de ánimo considerable. O rival, moi ben prantado no campo e con todos os seus homes traballando moito no campo, gostou en Pedra Queimada.















Na primeira mitade só houbo duas oportunidades do Leiloio, pero moi boas. A primeira foi mediada esta mitade, cando Jose A. Lorenzo centrou moi forte desde a banda dereita e polo medio entrou Marcos que empalmou un tiro que se estrelou no longueiro. 

Neses momentos na nosa portería estaba Carlos. Quen nos iba a decir que sobrevivindo co partido empatado a ceros, e entrando Suso Malpica sustituindo a Carlos, iba a recibir tres goles sin ter culpa en ningún deles. Porque pouco despois da anterior ocasión, Marco pelexou e recuperou un balón a Nando e escórouse contra a banda esquerda. Desde alí, fora da área grande e en posición forzada, mandou un balón en vaselina que pasou moi por enriba de Suso Malpica e parou nas nosas mallas. Un grandísimo gol que, si se grabase en video, aparecería seguramente en Internet.
















Tocaba remar despois do descanso. Pero xa non houbo tempo. Porque unha vez principiada a segunda mitade recibimos o segundo gol do Leiloio. Un gol de mala sorte. O balón foi centrado desde a dereita cara a posición de Nando no lateral esquerdo, sin oposición de ningún rival. Suso Malpica berrou para que a deixase, que xa saía a recoller o balón. Nando quixo paralo. E o que fixo, con Suso colocado detrás de él,  foi metelo directamente en propia porta. Non se lle pode adxudicar o gol a ninguén do Leiloio porque non había ningún xogador que estivese preto nin que metese o pé.

Ese gol xa foi a puntilla. Tardamos en reaccionar uns dez minutos. Pero había que facer algo e adiantamos líneas, para polo menos aproximarnos portería de Cañarte. Sobretodo Arcay levou balóns pola dereita, pero a defensa rival mostrouse expeditiva. Fallamos o 1-2 en unha dobre oportunidade clara dentro da área no min. 70, na que Leo e despois Luis Naya fallaron un tiro co porteiro vendido. 

Recibimos o 0-3, noutro gol que se pudo haber evitado. O balón é pelexado no lateral esquerdo, chega a liña de  fondo, preto da posición de José, que confiouse de mais e pensou que o rival non chegaría a evitar que saira. Pero o xogador do Leiloio conseguiu facerse ca pelota. E José meteu a perna, facendo penalti. Marco enganou perfectamente a Suso Malpica e tirou o balón preto do poste esquerdo.

A partires de ahí só hai que reseñar duas opcións de Abel. Un balón que vai ó pao dereito da portería do Leiloio é cabeceado polo noso xogador e vaise preto da cruceta. E pouco despois, recollendo no medio da área un balón parecido ó que fallaran antes Leo e Luis, marca o gol da honra malpicán. 

Arbitrou ben Piñeiro. Moi agradable no trato. Abstívose de meter algunha tarxeta amarela, porque algunha patada clara houbo no partido. Pero, en xeral,  éste transcurriu por cauces deportivos no derbi.  Ainda así, puxo unha amarela por equipo por protestas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario