FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 10 de decembro de 2017

VETERANOS DE MALPICA 2 - VETERANOS DE BUÑO 0


Mañán pasada por auga en Pedra Queimada, con unha temperatura de quince graos. Un auténtico exercicio de sacrificio por parte dos dous equipos e o árbitro. Tiveron que empregarse a fondo, dando o doble ou o triple do que normalmente terían que dar.

Veteranos de Malpica: Suso Malpica; José, Suso Zas, Alberto de Carballo, Carlos; Arcay, Mutio, Joshua, Abel; Bernardo e Leo. Tamén xogaron Luis Naya, Nando e Pedro.















O partido resultou bastante equilibrado, o estado de césped non permitía pase en corto, por moito que algúns xogadores se empeñaran, pero ainda así resultou moi entretido. Xogouse bastante ben, pese as circunstancias. Estreamos a segunda camiseta, donada por Bigmat Posiño.

Comenzou o partido con un pequeno susto para o incombustible Abel. A saida de un córner entrou con demasiadas gañas ó remate de cabeza y foise estrelar contra o poste dereito da portería. Momentos de pánico, pois o golpe oiuse no campo e o noso xogador estivo completamente aturdido  uns larguísimos minutos, despois dos cales reaccionou e foi parar a grada, xa que hoxe ambos equipos evitaron estar nos banquillos. Voltaría a xogar os minutos finales do derbi. 

As escasas oportunidades foron en disparos que sairon desviados. Salvo a do gol, donde Bernardo no min. 31 recibiu o balón na parte esquerda dentro da área grande, o acomodou e colocouno preto do poste dereito da portería oleira, imparable para Martín.






Moito mais movida foi a segunda mitade. A primeira oportunidade foi para Arcay no min. 55, pero o seu tiro foise fora por moi pouco. Eles tiveron a sua mellor oportunidade no min. 65, cando Dani Calvete, en pelexa con Alberto de Carballo, consigue facerse co balón preto do vértice dereito da área pequena, mais o seu tiro (que todos víamos como gol) saiu lixeiramente desviado a esquerda de Suso Malpica. E no min. 71 conseguimos facer o 2-0: Arcay recolleu un balón preto da liña de mediocampo, escapou con él perseguido polos dous centrais e conseguiu con moita forza chegar a portería e disparar para marcar un gran gol. 

A partires de ahí, o Buño tentaba disparos lonxanos, ben atrapados por Suso que non permitía rexeites moi perigrosos de cara a segundas xogadas. Nós seguíamos tentando chegar a portería oleira, sobretodo pola parte dereita donde Arcay mostrábase moi activo. O resto do noso equipo estivo moi serio, con un sacrificio defensivo moi eficaz. Xa non se movería mais o marcador.

Arbitrou ben Reborido. Salvo un malentendido con un xogador do Buño, donde éste perdeu un pouco os nervos pola posición do balón para sacar unha falta, o resto transcurriu sin atrancos. Beneficiado, sin dúbida, pola boa disposición de ambas prantillas. Da gusto xogar un derbi donde o único enemigo de ambos foi a climatoloxía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario