FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 17 de decembro de 2017

VETERANOS DE CERQUEDA 2 - VETERANOS DE MALPICA 0


Moi bo día para xogar, unha vez disipada a xeada nocturna. Nós tivemos seis cambios por só dous do rival. O partido xogouse no campo de Pedra Queimada por mor de haber moitos partidos dos veteranos programados no campo de Xaviña. 

Veteranos de Malpica: Suso Malpica, Pedro, Suso Zas, José, Bernardo; Cancela, Mutio, Alberto de Barizo, Joshua, Arcay; Carlos. Tamén xogaron Abel, Alberto de Carballo, Bugallo, Javi, Luis e  Nando.


Xogo entretido, sin moitas ocasións de gol pero claras. O noso rival tivo unha mais que os goles marcados mentras que nós só dispuxemos de unha clarísima que sí pudo poñernos por diante no marcador. 

Gustou o Cerqueda, con un equipo bastante xove e traballador. Optou por amontonar homes no mediocampo, afogando o noso xogo. Eso unido a que non tivemos un día afortunado no mesmo fixo que non houbera a frescura de outros partidos. Xogamos moi lonxe da área contraria e, cando quixemos aproximarnos, alí estaba Martín Rivera para despexar calquer apuro.

Na primeira mitade casi que non houbo ocasións de gol. A mellor dos nosos rivais tívoa Rubén nun mal despexe de Suso Zas pero o seu tiro saiu moi desviado. A nosa mellor ocasión de este tempo e de todo o partido foi preto do descanso, cando Arcay centrou magníficamente desde a dereita e Javi só diante da portería que defendía Ramiro fallou un cabezazo moi claro para marcar, mandando o balón a dereita do poste.






No mediocampo, Queiro e compañía facían inutiles os esforzos de Alberto de Barizo para combinar con Mutio ou con Joshua. Como decíamos antes, hoxe non era o noso día. 

Adiantouse o rival nun fallo nun rexeite de balón da nosa defensa, o balón non o pudo controlar Alberto de Barizo e quedoulle morto a Fran preto da área pequena. O noso ex-xogador non perdonou e fusilou a pracer, a esquerda de Suso Malpica, que só pudo seguir o balón ca mirada. 

Mandaba o rival e, cando conseguíamos conectar no centro do campo, facía faltas tácticas que impedían que progresasemos cara porta. Eles tamén tiveron poucas ocasións pero ben claras. Pouco despois do gol, Fran recolle o balón só pola esquerda, foise cara portería e, diante da saida de Suso Malpica, elevou o balón mais o esférico saiu fora por enriba da nosa portería, cando o gol xa se cantaba. 

Optou o noso entrenador por arriscar e poñer defensa de tres homes, adiantando líneas. Pero hoxe botamos en falla un 9 que poidese fixar o xogo de ataque. Mais non tiramos a porta, daría igual que, en lugar de a Ramiro, puxesen unha madeira con unha foto do porteiro pegada. 

E sobre o min. 30, un balón moi ben centrado desde a dereita por Jose chegou a David só na esquerda que, cando Suso Malpica saeu a cerrarlle os espazos, cruzou o balón impecablemente a sua dereita e marcou o 0-2.  De ahí ó final, o xogo foi disperso por ambos bandos e non houbo mais que contar.

Gerardo beneficiouse de que foi un derbi limpo. Fora das faltas tácticas, non houbo unha patada mal dada. Deron gosto os tres derbis seguidos xogados este ano. Así debían ser todo-los derbis. Ainda así, houbo un par de pataletas de xogadores por decisións do colexiado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario