FOTO DE EQUIPO 2023-2024

FOTO DE EQUIPO 2023-2024
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 14 de xaneiro de 2018

VETERANOS DEP. CARBALLO 3 - VETERANOS MALPICA 1


Veteranos de Malpica : Chaves; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Bernardo; Arcay, Alberto de Barizo, Mutio, Joshua, Javi; Carlos. Tamén xogaron Abel, Bugallo, Cancela, Leo e Pedro.

Partido no que debutou con nós o buenazo de Chaves, esta vez na portería por ausencia de Suso. Tivemos bo tempo, un pouco frío, pero inmellorable dados os avances metereolóxicos anteriores ó sábado. Non hai fotos porque extraviouse a tarxeta que levaba a cámara.

Non sabemos qué diaños pasa. Pero os partidos contra o Deportivo Carballo últimamente teñen un ambiente enrarecido. Si o árbitro Juan fixese caso os berros de algúns dos xogadores de ambos equipos, nin o Malpica nin o Dep. Carballo acabarían con once xogadores. Ata o buenazo de Charli entrou a discutir con Mutio e houbo que templar a ambos xogadores. E polo medio non había ningún dos que quixeron montar polémica. Eso sí, ao acabar gañando, ainda algún quería quedar ben estreitando a man a quen había insultado antes no campo. Ambiente raro "de boquilla", porque tampouco se excederon as formas dando algunha patada mal dada.

En fin, vamos a falar do xogo. Partido con fases alternas de xogo. Minutos para o dominio do Dep. Carballo e minutos para o dominio do Malpica. Na primeira parte empezaron domiñando eles durante dez minutos e, curiosamente cando pasamos nós a ter o control do xogo, marcaron nun contragolpe no que, desde a esquerda, botaron o balón preto do poste dereito da portería donde Reborido (en posición dubidosa, para os nosos fora de xogo) rematou fora do alcance de Chaves. De ahí ata o descanso, foi para nós como todo o partido, un querer e non poder, eso que Arcay e Javi tentárono sin descanso. Os nosos rivais tiveron que lamentar a baixa de Victor, que torceu o nocello, sin haber entrada pola nosa parte.

Na segunda mitade tivemos no primer cuarto de hora tres ocasións seguidas para empatar, nas que Rubén demostrou a sua categoría. Na primeira detivo o balón contra a base do pao esquerdo, na segunda sacou unha man milagreira para desviar o balón a córner, unha grandísima parada. E na terceira empatamos de penalti no min. 69, nunha falta máxima feita tontamente, nun balón aparentemente sin perigro. Mutio tirou ben axustado ao pao esquerdo e Rubén non pudo facer nada.
Supoñíase que ahí faríamonos co partido, os rivais non pasaban de mediocampo.. Pero un minuto despois, Pablo recolleu un balón só no mediocampo, adiántouselle un pouco e, antes de que llo arrebatasen, tirou forte e saiulle un golazo por enriba de Chaves, que só pudo seguilo ca mirada.

Instantes despois houbo outro penalti claro na área do Dep. Carballo, pero Juan non quixo saber nada. E o dominio xa era noso. Pero xa entrara a xogar con eles Daniel, un home rápido moi válido para facer contragolpes, que facía que os nosos centrais Suso e Alberto tivesen que estar moi atentos para cortar. Non puderon impedir que culminase unha xogada no min. 82 para marcar o definitivo 3-1.

Juan coñecía moito aos xogadores de ambos equipos polo que valiu para templar ánimos e non quixo cebarse cas tarxetas. Deportivamente falando, creemos que só se equivocou non pitando un penalti claro ao noso favor na segunda parte. E tamén pitaba tan pronto como un xogador berraba ainda que non se lle estivese facendo falta. Pero no cómputo xeral fixo un partido decente. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario