FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)

FOTO DE EQUIPO 2024-2025 (FEITA POLO SOFÁN)
PULSANDO AQUÍ APARECERÁN TODOS OS QUE ESTIVERON NOS VETERANOS DE MALPICA

AVISO

As opinións sobre dos partidos son feitas, a maioría das veces, según a información de un integrante dos Veteranos de Malpica. Seguro que haberá xente que non esté dacordo coas mesmas. Ou que sí o esté. Para iso están os comentarios si queren facer uso deles. Faltaría mais. O que sí DESEXARÍAMOS é que, ainda que usen os "anónimos" , digan claramente quen é cada un para así evitar malos entendidos. MOITAS GRAZAS.

domingo, 21 de xaneiro de 2018

AMIGABLE: VETERANOS DE MALPICA 1 - VETERANOS DE NANTÓN 5












Duas formas diferentes de afrontar un partido destas características. Os de Nantón viñeron con gran parte do equipo que xoga na liga. Nós xuntamos catorce contando con Chucho, Tino e un servidor (que levamos tempo do dique seco). Pero en términos deportivos sí que foi un amigable.

Non hai moito que decir. A calidade e forza dos Luis Guiance, Sande, Amarelle, Pablo Sousa, Nestor,...non é discutible. Teñen un dos mellores ataques da nosa liga. Gañamos nós no partido oficial xogado en Novembro, pero, sin desmerecer ós que estivemos hoxe, daquela tiñamos outro equipo mais completo. Eles gañaban no min. 32 por 0-4, con algún gol de excelente factura. 

En fin, chegamos o descanso perdendo por 0-5 e marcamos o gol da honra no min. 76 por medio de Arcay, nunha segunda mitade bastante mais equilibrada ca primeira, con xogadas de excelente factura. Pouco mais que decir.

Arbitrou Juan Alberto Blanco Bravo. O penalti que pitou, de libro. Nada que decir. Un pracer que nos arbitre. Sabe estar no campo e cos xogadores. Si algunha vez erra (xa nos ten arbitrado na liga) non ten ningún problema en declaralo. Xa declaramos algunha vez a diferenza entre este ex-arbitro da Liga da Costa e algún outro (procedente do mesmo sitio) que nos deu moitos quebradeiros de cabeza. 


Ó final, tamén se aproveitou a ocasión para facer (como non) unha comida de confraternidade no Restaurante Dourado con boa parte dos xogadores que acudiron. Día redondo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario