Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Chaves, Mutio, Javi, Luis; Arcay e Abel. Tamén xogaron Bernardo e Leo.
O Corme presentouse en Malpica con dezaoito xogadores (unha pasada) e xente de bastante nivel, aparte de antiguos coñecidos como Angel, Asier, Jesús, Paco,... A clave do resultado do partido foi, aparte de voltar nós a xogar un partido moi serio, a efectividade de un Arcay que está a dar un gran nivel; mais ter na portería a un Suso Malpica que estivo moi seguro mais deu moitísima seguridade a nosa defensa.
Na primeira mitade chegamos ó descanso con eses dous goles. O primeiro, no min. 4, resultou de un centro en largo desde a esquerda cara a dereita da área donde o noso "eterno xuvenil" Abel conseguiu controlalo e fixo un pase entre os centrales para Arcay, que regateu a Jose Manuel Castro e conseguiu marcar. O segundo (no min. 20), xogada parecida de Javi que habilitou a Arcay entrando pola parte esquerda da área e éste tirou preto da escadra esquerda.
Non se rendeu o Corme, porque o castigo era exaxerado para o fútbol igualado que houbera ata ese momento. Eles non marcaron neste primer tempo porque, no min. 32, Suso detivo brilantemente un tiro desde fora da área con marchamo de gol e, posteriormente no min. 34, tamén parou un penalti pitado por Juan, lanzándose a base do poste esquerdo da sua portería. Javi, preto do descanso, pudo marcar cando recolleu un balón na parte dereita da área, pero o seu tiro foi estrelarse contra o lateral da rede. Tamén sería a repanocha que, de tres ocasións, houbesemos metido as tres.

Marcaron o seu gol no min. 90, curiosamente nunha xogada de corner ó noso favor cuio rexeite mandaron en longo cara a carreira de Paco, no interior esquerdo. Os nosos defensas pediron fora de xogo (Paco despois díxonos cando acabou o partido que de ningunha maneira o era) pero Juan non o podería comprobar nin ainda que quixera porque estaba situado a altura da defensa do Corme, e Paco foi só cara porta e marcou no último intre de partido. Foi sacar de centro e pitar o trencilla o final.
Juan non foi responsable do resultado. Os goles nosos foron ben metidos e no deles Mutio decíanos que estaba ó lado do árbitro, en xogada de ataque nosa, e desde alí non se podía vislumbrar si había ou non fora de xogo. Nas xogadas de penalti coincidimos co criterio de Juan. Estivo serio pitando.
Ningún comentario:
Publicar un comentario