Mal tempo en Xaviña para xogar ó fútbol, con bastante auga caendo. Os rivais tiñan bastante mais efectivos que nós, que últimamente, entre lesións e ausencias laborales, completamos escasamente o número de efectivos para poder xogar. Estivo tamén con nós no banquillo, pero non pudo xogar pola sua lesión en Leiloio, Alberto de Barizo.
Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Pedro; Abel, Cancela, Mutio, Luis Naya, Bernardo. Ó pouco de empezar entraría Alberto de Carballo e ó cuarto de hora Arcay completaría o once. Grazas que despois veu Bugallo e, polo menos, contamos con un cambio.
Para empezar con tan pouca xente, xogouse moi ben ó fútbol desde o pitido inicial. Mutio e Cancela ordenaban o xogo no medio e aguantaban o balón. Cando se completou o once con Arcay empezaron a mandarlle balóns en longo, creando duas ocasións perigrosísimas o noso goleador na dereita do ataque mais mandando centros para a entrada de Bernardo e Abel. Foi éste quen tivo a ocasión mais clara nun cabezazo, estando en posición moi boa, que saiu desviado. Aparte, Javi pitoulle uns fora de xogo moi dubidosos a Arcay cando arrancaba só cara portería que tamén eran ocasións claras de gol.
O dominio desta primeira parte foi claramente noso. Pero, como en todo o partido, sin conseguir marcar gol algún. E ainda grazas, porque no minuto 44 Litos recolleu un balón e entrou só cara portería lanzando un trallazo que detivo brilantemente Suso Malpica, con unha parada de antoloxía.
Saimos decididos na segunda mitade a desequilibrar a balanza. E tivemos vinte minutos donde se pudo facelo. Especialmente no minuto 63, nun centro desde a dereita de Arcay cara o centro da área no que estaban Luis, que non chegou, e Bernardo. O noso 9 lanzou un chut no que o porteiro oleiro emulou o que antes fixera Suso e desviou impecablemente a córner, evitando o que podería haber sido un gran gol. Quedounos a sensación de que, si nos houbese entrado ese gol, o partido para nós pasaría a ser moito mais doado.
Mais a partires do minuto 68 torceuse o bo partido que estábamos a facer. Entrou Ismael no centro do campo rival e empezaron eles a mandar no xogo. Xa Mutio e Cancela non se daban abasto para frealos. Tiveron unha boísima ocasión triple na que Suso parou e os nosos defensas sacaron o balón coma puderon, pero non marcaron e respiramos tranquilos. Litos retrasou a sua posición de ariete e, como non se lle entraba, mandaba balóns moi perigrosos cara o corazón da área. Nun deses balóns, Dani Calvete entrou ata a cociña, pero Javi, ó igual que había feito no primeiro tempo con Arcay, pitoulle un fora de xogo moi dubidoso (ainda que o propio Dani non sabía si o fora ou non o fora cando lle preguntamos ó final, actitude que lle honra). Ó final, reparto de puntos para cada equipo.
Javi só foi decisivo no partido cos fora de xogo pitados. Chegou a desesperar a Arcay, ó cual tivo que sacarlle cartón amarelo pola sua protesta. No resto de cometido pasou desapercibido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario