Día nubrado para xogar, con temperatura media agradable para o derbi. Enfrente un equipo que, malia non podían contar con tres xogadores por sanción, presentaron quince efectivos. Nós catorce, ainda que posteriormente lesionaron tres e acabamos en cuadro.
Veteranos de Malpica: Suso Malpica; Nando, Suso Zas, Alberto de Carballo, Carlos; Chaves, Alberto de Barizo, Mutio, Cancela; Leo e Arcay. Tamén xogaron Abel, Luis Naya e Pedro.
Partido moi pelexado por ambos conxuntos. Tan pronto un xogador recibía un balón xa tiña a un rival ou dous presionando. Non houbo apenas achegamentos na primera parte e os escasos tiros a porta saían moi centrados, doados para os dous porteiros. Ou ben marchaban desviados.
Sí que houbo un detalle que marcou o resto do encontro. A entrada tardía de Pablo de Seaia para os de Leiloio e, no min. 38, a lesión de Alberto de Barizo nos nosos. Eso fixo que a partires de ahí Mutio e Leo se viran insuficientes para controlar a Mani, Pablo e Victor, co cual o control do xogo do centro do campo foi para eles.
Na segunda mitade tiveron, antes do gol, duas oportunidades nas que quedaron sós diante de Suso. Pero o noso guardamallas mostrouse bastante seguro para desbaratalas. Os nosos ataques, levados maioritariamente por Arcay, morrían nas bandas porque os de Leiloio amontonaban homes alí, mais non se cortaban para enviar o balón fora. Sí que tivemos unha na que Abel rompiu o fora de xogo. Pero Abel non ten punta de velocidade (nin lla podemos pedir) e optou por tirar por alto, doado para o porteiro rival.
No min. 80 marcaron eles, nunha falta botada desde a dereita a altura de tres cuartos de campo, na que entrou só pola esquerda Marco e cabeceou eficientemente no segundo pao. A partires de ahí, o Leiloio replegouse e adicouse a defender con orde. Cando tentábamos achegarnos a área rival, o máximo que conseguiamos era que nos fixesen faltas, lonxe da portería. Tampouco tiñamos moitos folgos porque por lesións quedamos once xustos no campo.
Non gustou a forma de arbitrar Gerardo. Ten unha pequena manía de que, cando se equivocou non pitando o que era, tentou arranxalo pitando o que non era. Eso desquiciou ós xogadores. Ainda que, historicamente, nós que sufrimos arbitraxes bastante penosas non podemos falar pestes de él. Nas xogadas a balón parado colocouse bastante ben, pero seguiu o xogo desde bastante lonxe. Non influiu no marcador, salvo en que non quixo poñer algunha tarxeta que implicaba expulsión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario