Non choveu hoxe en Nantón. Pero sí que houbo unha chuvia de goles, no día en que celebrábamos o cumpreanos do mister. O Nantón mostrou credenciales para ascender este ano, con todolos merecementos. Nós xa fixemos abondo con gañarlles en Malpica.
Veteranos de Malpica: Chaves; Pedro, Suso Zas, Alberto de Carballo, José; Cancela, Alberto de Carballo, Mutio, Leo; Bernardo e Arcay. Tamén xogou Abel mais estivo Luis que, ainda que estivo vestido para xogar, preferiu pola sua lesión quedar no banquillo ó ter 12 compañeiros que sí podían facelo en condicións.
Un arranque espectacular do Nantón deixou visto para sentencia. A tripleta de ataque cabanesa fixo pleno de ocasión e Carlos Sande, Néstor mais Luis Guiance, por duas veces, endosaronos un 4-0 en 14 minutos que fala por sí sólo. Casi que non o podíamos creer. Tampouco era tan grave que un equipo que ata este partido había metido uns setenta e cinco goles nos metera catro de unha tacada. Habíamos posto a defensa no medio do campo e pagamos inmediatamente as consecuencias. Pero os partidos duran 90 minutos e había que seguir xogando.
A partires de ahí os nosos rivais baixaron o altísimo ritmo e xa se pudo ver un partido normal no resto da primeira parte. A única ocasión nosa foi no min. 40, cando Cancela enganchou un forte tiro desde 30 metros que fixo lucir ó porteiro do Nantón. E no min. 45, eles redondearon a "manita" con un penalti moi riguroso pitado por Castro, no que Alberto de Carballo petou ó balón mais despois un pouco no dianteiro, que berrou e o árbitro non dubidou. O penalti tirouno moi ben Juan Sande, enganando a Chaves.
Qué se pode resolver no descanso con un resultado tan craro ? Insistir na idea de xogar cas liñas moi xuntas e ó que saia. Bueno, a cousa estivo mellor e maquillamos o resultado. Primeiro, con un gol no min. 53 en combinación do mediocampo, escapando cara porta Arcay e cruzando diante da saida do porteiro. Despois, no min. 70, con un balón que pelexa Mutio; primeiro escápaselle o balón un pouco e fixo falta que non é pitada, despois recuperouno e recibeu unha patada que pudo ser penalti e finalmente pasou o balón a dereita, donde estaba só Abel (en posible fora de xogo) que cruzou á esquerda do porteiro. Os nosos rivais, dado o resultado de 5-2 non obxetaron nada. Si que o fixeron noutro penalti, inventado por Castro, transformado por Mutio no min. 79 que daría o resultado final.
Quedaban once minutos e os do Nantón espabilaron para estar mais no noso campo. Chaves luciuse nun par de tiros de Guiance e Carlos Sande que levaban marchamo de gol, mais Suso e Alberto de Carballo despexaron o balón en situacións moi perigrosas. Nós tivemos tamén algunhas oportunidades en escapadas de Arcay moi ben seguidas por Mutio e Bernardo, pero xa a defensa cabanesa estivo moi posta e non puderon ser.
Segundo partido que nos arbitra Castro, despois do de Fisterra. Un clima totalmente distinto, nada que ver co que tivemos que aguantar él mais nós naquela batalla. Só mostrou unha amarela por cada equipo, cousa totalmente lóxica dado que nós adicamos mais a xogar que a protestar ou dar patadas. E Castro, coma sempre, serio e riguroso. Cortou un pique que houbo entre Cancela e Amarelle para que non fose a cousa a maiores, xa non tivo mais problemas. Para nós fallou nos dous penaltis sinalados mais iso non tivo apenas incidencia no desenvolvemento do choque.
Ningún comentario:
Publicar un comentario